Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

"Do, re. mi, Mozart xoga aquí" este venres no Teatro Municipal con Títeres Cachirulo

16/04/2008

 

Do, re, mi Mozart xoga aquí” este venres en Tui con Títeres Cachirulo

É unha obra de teatro de monicreques dirixida a un público a partir dos 4 anos

Mércores, 16 de abril. Os nenos a partir de 4 anos son os destinatarios da obra que este venres achega ao Teatro Municipal de Tui a compañía Títeres Cachirulo denominada “Do, re, mi Mozart xoga aquí”.

Escrita e dirixida por Jorge Rey cóntanos a historia do neno Mozart que é chamado a tocar en Palacio ante a súa xenialidade. Manipulan as marionetas talladas en madeira o propio Jorge Rey e Carmen Domech. A acción desenvólvese nun escenario barroco.

A obra dura 55 minutos e comezará ás 20h. As entradas poranse á venda ás 16.30 ao prezo xeral de 2,5€ cos descontos habituais.

Títeres Cachirulo creouse no ano 1986 converténdose nunha das referencias artísticas do teatro de monicreques en Galicia. Os seus espectáculos caracterízanse pola axilidade dramática e o especial coidado da elaboración das marionetas de fío e os monicreques del uva.

Títeres Cachirulo con “Do, re, mi Mozart xoga aquí”

Data: Venres 18 de abril ás 20h

Lugar: Teatro Municipal de Tui

Prezos: 2,5€ - 2€ con desconto – 1,5€ os menores de 12 anos

Recomendada: A partir de 4 anos