Cristina Soutelo, María León e Pedro Vázquez recibiron onte o Premio Deportista Tudense
A gala recoñeceu os éxitos do deporte tudense pondo en valor o patrimonio natural do municipio
A padeeira Cristina Soutelo, a futbolista María León, e o padeeiro Pedro Vázquez Llenín recibiron onte á noite o Premio Deportista Tudense na categoría absoluta na Gala do Deporte celebrada no Teatro Municipal de Tui. Un evento no que se recoñeceu os éxitos do deporte tudense e se puxo en valor o patrimonio natural do municipio, que constitúe un magnífico escenario para a práctica deportiva tanto a nivel afeccionado coma profesional.
Pedro Vázquez Llenín, do Club Kaiak Tudense, proclamouse este ano Campión do Mundo en K2 1000 m e campión de España en K4 1000 m e 500 m. Mentres Cristina Soutelo González foi a primeira deportista do Kaiak Tudense en participar nunha proba internacional na modalidade de C1. Esta temporada foi oitava do mundo en en C1 1000 metros, e décima nos 5000 metros. Proclamouse campioa de España en c1 1000m. María León Álvarez foi recoñecida pola súa traxectoria no fútbol sala xogando na elite a nivel nacional. Este ano é xogadora do Viaxes Amarelle FSF na Primeira División Nacional Feminina, e até a pasada temporada militaba no Marín F.S.
O Motoclub Randufe foi distinguido co premio Club Deportivo polo seu empeño decidido en levar adiante este club deportivo, superando dificultades, e facendo realidade o Circuíto OffRoad de Rebordáns.
Na categoría de adestrador o Premio Deporte Tudense foi para David Solleiro Durán, actualmente preparador físico no Olympique de Marselle e para Manuel López Ramírez, que enviou unha mensaxe dende Israel onde traballa co primeiro equipo do Hapoel Beersheva B.C.
A Real Federación Galega de Motonáutica e o Club Náutico Inclusivo do Baixo Miño recibiron o Premio Deporte Adaptado por “converter a Tui nunha sede fixa das probas do Campionato Galego Inclusivo de Motonáutica, e facer do río e do deporte un espazo de inclusión e de encontro”.
O premio Deporte Tudense na categoría veterana recaeu na xogadora de balonmán Susana Méndez que continúa en activo, no padeeiro Enrique Míguez, do Kaiak Tudense, que sumou novos éxitos á súa longa carreira deportiva polo terceiro posto no Campionato do Mundo de Maratón en C1 e o título Campión do Mundo veterano en c2, e para Rafael Pérez Rego, do Atletismo Tui, por completar 100 medias maratóns.
Tui conta tamén con novos valores do deportes que recibiron o Premio Deporte Tudense Promesa. Foron a futbolista Lía Lorenzo, do Ribadelouro; a padeeira tudense do Club Cidade de Lugo, Nuria Romero; o ciclista tudense do Club Avanza André Martínez; e o remeiro Javier Freiría do Club Remo do Miño. O Club Tenis Tui foi recoñecido polo seu traballo co premio Promoción do Deporte Base. O Premio Deporte Tudense Firma Comercial foi entregado a empresa Verdeazul polo seu compromiso e apoio as actividades organizadas por clubs, asociacións e sobre todo colexios de Tui. Onte recibiu tamén a Mención Especial Antonio Martín Hernández “Toñín”, que foi xogador de fútbol sala, e que con A Quinta de Tui creou na cidade un campus que leva o seu nome.
Recoñeceuse o labor de Elías Vieiro por 35 anos formando parte do Tyde coma xogador, adestrador, directivo e presidente, e de José Antonio Refojos “Coto” que durante case tres décadas se encargou dos pavillóns deportivos municipais. Houbo amais unha lembranza para Damián Estéves Rodríguez e Fernando Álvarez González falecidos este ano.
Este evento deportivo comezou recoñecendo as 29 persoas que participaron esta temporada en competicións internacionais en piragüismo, remo, ciclismo, judo, motor, e a loita, levando o nome de Tui por todo o mundo e demostrando o espectacular nivel dos e das deportistas tudenses.
Na súa intervención o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, afirmou que “o caso de Tui é único no territorio español”, grazas á implicación social e a axuda das institucións de carácter público e privado. Nunha gala especial que celebrou onte o seu decimo aniversario Enrique Cabaleiro quixo amosar o seu agradecemento “ás persoas que fixeron posible que o deporte tudense alcance o nivel que agora ten”, así coma ás institucións, e aos concelleiros que durante os últimos mandatos estiveron ao fronte desta área. O alcalde de Tui aludiu tamén a que o deporte “xoga un papel decisivo”, sendo “un dos elementos básicos de inclusividade e a igualdade”. Rematou indicando que “polo que significa o deporte en todos os ámbitos da nosa vida hoxe creo que tamén é momento de asumir todos o compromiso de seguir apoiando o deporte tudense para que siga sendo un motivo de orgullo de todos nós”.
Pola súa parte o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, indicou que “hoxe, non só celebramos o deporte, senón que tamén reflexionamos sobre a importancia da actividade física en contornas naturais”. Nese senso sinalou que “o Concello de Tui está a realizar un gran esforzo por aumentar cada día os lugares por onde pasear, correr montar en bicicleta e xerar saúde, son moitos os quilómetros realizados, pero aínda haberá máis”. Concluíu afirmando que “todos, independentemente do noso xénero, merecemos as mesmas oportunidades e recoñecementos. Celebremos xuntos a diversidade e traballemos para construír un mundo deportivo máis inclusivo”.
A gala foi presentada por Jose Font acompañado por José Manuel Quintana, Beatriz González, Rosendo Bugarín, e Ana Rodríguez que forman parte do xurado xunto a Enrique Míguez, e contouse coa actuación do grupo Míster Cool Organ Trío.
Deportistas Internacionais
- Irea Alonso Gómez 
- Club Kaiak Tudense
 - Campionato do Mundo de Maratón - Slavonski Brod, Croacia.
 
 - Iván Alonso Lage 
- Club de Piragüismo As Torres Romería Vikinga de Catoira
 - Campionato do Mundo de Maratón – Vejen, Dinamarca / Campionato de Europa de Maratón – Slavonski Brod, Croacia.
 
 - Pedro Areal Abreu  
- Club Piragüismo Aranjuez
 - Campionato do Mundo de Maratón – Vejen, Dinamarca.
 
 - Rodrigo Conde Romero  
- Club Remo do Miño
 - Campionato do Mundo de Remo Olímpico – Belgrado, Serbia / Copa do Mundo de Remo Olímpico – Zagreb, Croacia.
 
 - Sebastián Delgado Curbelo 
- Club Kaiak Tudense
 - Xogos Panamericanos - Santiago, Chile.
 
 - Lara Feijóo Pérez
- Club Kaiak Tudense
 - Campionato do Mundo Sprint Sub23 – Auronzo, Italia / Campionato de Europa Sprint Sub23 – Montemor, Portugal.
 
 - Tania Fernández
- Club Kaiak Tudense
 - Campionato do Mundo de Maratón – Vejen, Dinamarca / Campionato de Europa de Maratón – Slavonski Brod, Croacia.
 
 - David Fernández Pérez 
- Club Ciclismo Avanza
 - Series Mundiais de Enduro – Loundenvielle, Francia.
 
 - Javier Freiría Expósito 
- Club Remo do Miño
 - Copa de la Juventud – Amsterdam, Países Baixos.
 
 - Pablo García García 
- Club Loita de Pontevedra
 - Series Mundiais de Loita en Praia – Bos Aires, Arxentina / Series Mundiais de Loita en Praia - Singapur.
 
 - Manuel Garrido Barbosa 
- Club Kaiak Tudense
 - Campionato do Mundo de Maratón – Vejen, Dinamarca / Campionato de Europa de Maratón – Slavonski Brod, Croacia / Copa do Mundo de Maratón – Ruse, Bulgaria.
 
 - Jesús González Álvarez
- Club Remo do Miño
 - Campionato do Mundo de Remoergómetro.
 
 - Daniel González Diz 
- Escudería Independente
 - Campionato do Mundo de Rallies - Ralli de Portugal.
 
 - Carlota González Gil    
- Club Remo do Miño
 - Campionato do Mundo de Remo de Mar – Barletta, Italia / Campionato do Mundo Sub23 de Remo Olímpico – Plovid, Bulgaria.
 
 - David González Mella 
- Club Kaiak Tudense
 - Campionato do Mundo Sprint Paracanoe – Auronzo, Italia / Campionato de Europa Sprint Paracanoe – Montemor, Portugal / Copa do Mundo Spint – Szeged, Hungría.
 
 - Martín Gorriti Monterroso 
- Club Kaiak Tudense
 - Campionato do Mundo Sprint Sub23 – Auronzo, Italia.
 
 - Noelia Lalín Canda 
- Club Keltoi de Vila de Cruces
 - Series Mundiais de Loita en Praia – Bos Aires, Arxentina / Series Mundiais de Loita en Praia - Singapur.
 
 - Ainhoa Lameiro Rodríguez    
- Club Piragüismo Penedo
 - Campionato do Mundo de Slalom Olímpico Sub23 – Cracovia, Polonia / Campionato de Europa de Slalom Olímpico Sub23 – Bratislava, Eslovaquia / Copa do Mundo de Slalom Olímpico – Praga, República Checa.
 
 - Iria Ludeña Pérez 
- Club Kaiak Tudense
 - Campionato do Mundo de Maratón - Slavonski Brod, Croacia.
 
 - Avelino Martínez Pérez 
- Judo Club Tudense
 - Campionato de Europa de Policías e Bombeiros – Torrevieja, España.
 
 - Enrique Míguez Gómez 
- Club Kaiak Tudense
 - Campionato do Mundo de Maratón – Vejen, Dinamarca.
 
 - David Moroño Montes 
- Club Kaiak Tudense
 - Copa do Mundo de Maratón – Ruse, Bulgaria.
 
 - Matías Valentín Otero Ezcurra 
- Club Kaiak Tudense
 - Campionato do Mundo Sprint – Duisburg, Alemaña / Copa do Mundo Sprint – Szeged, Hungría / Xogos Panamericanos – Santiago, Chile.
 
 - Daniel Pérez Cortegoso
- Club Piragüismo Penedo
 - Campionato do Mundo de Slalom Olímpico – Londres, Reino Unido / Campionato do Mundo de Slalom Olímpico Sub23 – Cracovia, Polonia / Campionato de Europa de Slalom Olímpico Sub23 – Bratislava, Eslovaquia / Copa do Mundo de Slalom Olímpico – Praga, República Checa.
 
 - Uxía Rodríguez Huertas 
- Club Kaiak Tudense
 - Campionato de Europa Sprint Sub23 – Montemor, Portugal.
 
 - Nuria Romero Gómez
- Club Ciudad de Lugo
 - Campionato do Mundo de Descenso de Augas Bravas – Augsburg, Alemaña / Campionato do Mundo de Descenso de Augas Bravas Sub23 – Roudnice, República Checa.
 
 - Cristina Soutelo González 
- Club Kaiak Tudense
 - Campionato do Mundo Sprint – Duisburg, Alemaña.
 
 - Pedro Vázquez Llenín 
- Club Kaiak Tudense
 - Campionato do Mundo Sprint – Duisburg, Alemaña / Copa do Mundo Sprint – Szeged, Hungría.
 
 - Manuel Villaverde Gómez 
- Club Remo do Miño
 - Campionato de Europa de Remo Olímpico – Munich, Alemaña.
 
 
Premios Deporte Tudense
- Recoñecemento Honorífico 
- Elías Vieiro Pérez
 - José Antonio Refojos Peixoto
 
 - Mención Especial 
- Antonio “Toñín” Martín Hernández
 
 - Firma Comercial 
- Verdeazul – Recolle, Mercedes Martín
 
 - Recoñecementos Honoríficos Á Memoria
- Damián Estéves Rodríguez
 - Fernando Álvarez González
 
 - Club ou Entidade na Promoción Do Deporte Base 
- Club Tenis Tui
 
 - Deportista Promesa Masculino 
- Javier Freiría Expósito
 - André Martínez Rodríguez
 
 - Deportista Promesa Feminina 
- Nuria Romero Gómez
 - Lía Lorenzo Estévez
 
 - Veterano Masculino 
- Enrique Míguez Gómez
 - Rafael Pérez Rego
 
 - Veterana Feminina 
- Susana Méndez Álvarez
 
 - Deporte Adaptado 
- Real Federación Galega De Motonáutica
 - Club Náutico Inclusivo Baixo Miño
 
 - Adestrador 
- Manuel López Ramírez
 - David Solleiro Durán
 
 - Club Deportivo 
- Motoclub Randufe
 
 - Deportista Masculino Absoluto 
- Pedro Vázquez Llenín
 
 - Deportista Feminina Absoluta 
- Cristina Soutelo González
 - María León Álvarez
 
 
 




