Continúa o ciclo sobre Rosendo Salvado cunha visita guiada pola cidade
Será mañá mércores ás 19 h con inicio na casa natal do bispo tudense
Mañá mércores, 1 de xuño, continua o desenvolvemento do ciclo de actividades organizado polo Concello de Tui en torno a figura do bispo tudense, Frei Rosendo Salvado.
A actividade desta xornada estará centrada nunha visita guiadas aos principais lugares da nosa cidade vinculados coa figura de Frei Rosendo Salvado, que mantivo sempre acesa a súa relación coa súa terra e as súas xentes.
Esta visita estará dirixida polo historiador Rafael Sánchez Bargiela. Comezará, ás 19 h, na casa natal do relixioso beneditino no número 7 da rúa que leva o seu nome na entrada ao barrio de Riomuíños.
Ao longo da visita os participantes poderán comprobar como diferentes lugares de Tui conservan a memoria de Rosendo Salvado. O percorrido finalizará na Praza da Inmaculada onde se ergue a escultura dedicada a súa permanente lembranza.
O alcalde de Tui expresa o seu desexo que este ciclo contribúa ao coñecemento da figura de Frei Rosendo Salvado, superando os tópicos que aínda o rodean, e a súa excepcional obra que nos enorgullece como tudenses e como galegos.
As actividades previstas nos vindeiros días neste ciclo sobre Rosendo Salvado son as seguintes:
- Mércores, 1 de xuño, ás 19 h con inicio na casa natal na rúa Bispo Salvado nº7
- Visita guiada por lugares tudenses relacionados con Rosendo Salvado
- Xoves, 2 de xuño, ás 20.30 h na Aula da UNED
- Mesa redonda sobre Rosendo Salvado e a música.
- Participan:
- Montserrat Capeláns, profesora Universidade de Santiago de Compostela
- Andrea González, pianista e interprete do disco
- Modera: Tomás Camacho, músico e director xubilado do Conservatorio Superior de Música de Vigo
- Venres, 3 de xuño, ás 21 h no Teatro Municipal
- Concerto – presentación do disco “Salvado - Piano Works” de Andrea González
- Sábado, 4 de xuño, ás 21 h no Teatro Municipal
- Proxección do documental “De Rosendo a Rosendo” (2018) dirixido por Cesar Espada.