Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Case 180 persoas participan este domingo en Tui na I Marcha Ciclista polo Medio Ambiente

31/05/2024

Un total de 178 persoas están inscritas para participar este domingo, 2 de xuño, na I Marcha Ciclista polo Medio Ambiente, organizada polo Concello de Tui como parte do programa do Día Mundial do Medio Ambiente. Esta iniciativa  busca promover a conciencia ambiental e fomentar o uso da bicicleta como medio de transporte sostible.

Dende ás 10.30 h no Paseo da Corredoira poderanse recoller os dorsais e a marcha comezará ás 11.30 h para realizar un percorrido pola Avenida da Concordia, a rúa Loureiro, Veiga do Louro, Praia de Areeiros, Paseo Fluvial, nova ponte sobre o río Louro, Comandancia Naval e Paseo Fluvial. Ao longo do traxecto, Anxo Moure participará coa súa ciclo-biblioteca e, ao finalizar a marcha, ás 12:45 h no Paseo Fluvial, ofrecerá o contacontos “Pedaleando contos”.

Cómpre lembrar que será obrigatorio o uso do casco.

Esta I Marcha Ciclista polo Medio Ambiente contará coa colaboración do Club Ciclista Locos por las Bicis, a Policía Local, Protección Civil de Tui, e a Cruz Vermelha de Valença.