A Biblioteca Pública Municipal de Tui amplía o seu horario
A Biblioteca Pública Municipal de Tui amplía dende mañá o seu horario
A Biblioteca Pública Municipal de Tui comunica aos seus usuarios e ao público en xeral que dende maña xoves 7 de setembro de 2006 o seu horario de atención ao público é o seguinte:
Luns a venres: 09,00 a 14,00 h e de 16,30 a 20,30 h.
Sábados: 09,00 a 13,00 h
Deste xeito recollese unha petición formulada por un sector dos usuarios da Biblioteca que solicitaban un horario máis amplo polas mañás.
A Biblioteca Pública Municipal de Tui, emprazada no edificio coñecido como “Área Panorámica”, na céntrica rúa Colón, abre un total de 49 horas semanais para garantir a todos os cidadáns o acceso aos diversos servizos que oferta: lectura en sala, préstamo a domicilio, información bibliográfica, prensa diaria, máis de sesenta revistas, acceso gratuíto a internet, etc.
Así dende a Concellería de Cultura do Concello de Tui, que dirixe Moisés Rodríguez Pérez, trátase de consolidar este servizo cultural de carácter permanente que proporciona a todos os cidadáns o acceso á información e á cultura.