Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Aviso fitosanitario sobre os tratamentos contra a Flavescencia dourada

8/07/2025

A Consellería de Medio Rural remite un aviso fitosanitario sobre o momento oportuno para aplicar os tratamentos insecticidas contra o vector da Flavescencia dourada da vide. 

Aquí en Tui os viticultores das parroquias de Areas, Baldráns, Caldelas, Guillarei, Paramos, Pazos de Reis, Pexegueiro, Randufe, Rebordáns e Tui deberán aplicar os tratamentos insecticidas autorizados. 

Tamén é importante que se apliquen no resto das parroquias por estar esta enfermidade en risco de expansión. 

Os insecticidas deben aplicarse na primeira hora do día, salvo no caso de empregar piretrinas, xa que nese caso débese realizar na última hora do día debido á perda de eficacia ao ser un produto fotosensible.  Recoméndase aplicar uniformemente, mollando ben a parte posterior das follas e a parte baixa das cepas, lugar onde se aloxan as ninfas. Os tratamentos débense anotar nos cardernos de explotación, xa que poderán ser requiridos para a súa comprobación, segundo indican dende Medio Rural.

Máis información