Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Aprazada para o 13 e 14 de maio a XXV Feira de Artesanía

3/05/2023

A previsión de choiva fai que este evento previsto inicialmente para esta fin de semana cambie de data

Ante a previsión de choiva o Concello de Tui vén de aprazar para o sábado 13 e domingo 14 deste mes de maio a celebración da XXV Feira de Artesanía, prevista inicialmente para esta fin de semana.  Este evento celebrarase na rúa Ordóñez e na praza de San Fernando. Reunirá a persoas artesás de toda Galicia, e produtores de alimentación km 0 e ecolóxicos. Tamén haberá obradoiros, exposicións, actuación, de grupos folclóricos,…