Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Aberto o prazo para presentar candidaturas aos Premios Deporte Tudense 2025

8/10/2025

As propostas poden enviarse até o 15 de outubro. Os galardóns serán entregados na Gala do Deporte Tudense o venres 28 de novembro

O Concello de Tui vén de abrir o prazo de recepción de candidaturas para os Premios Deporte Tudense 2025 que se entregarán na Gala do Deporte Tudense. Este evento celebrarase o venres 28 de novembro, a partir das 20.00 horas, no Teatro Municipal de Tui.

As candidaturas aos premios Deportista absoluta feminina, Deportista absoluto masculino, Deportista promesa feminina, Deportista promesa masculino, Deportista veterana feminina, Deportista veterano masculino, Deportista adaptado/a, Adestrador/a e Club deportivo se poden presentar por parte de calquera persoa enviando a proposta xunto ao currículo deportivo correspondente ao ano 2025 a deportes@tui.gal até o mércores 15 de outubro.

A Gala do Deporte Tudense premiará o traballo e esforzo realizado polos distintos deportistas e clubs tudenses neste ano 2025, homenaxeará a persoas que marcaron un antes e despois na historia deportiva do noso concello, así como recoñecerá aos deportistas tudenses que participaron en competicións internacionais no 2025.