Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Orquestra Sinfónica de Tui e o Coro Mistura Vocal ofrecen o Concerto de Nadal

19/12/2018

Será no Teatro Municipal este venres ás 21h.

O Teatro Municipal de Tui acolle este venres, 21 de decembro, ás 21h o Concerto de Nadal organizado polo Concello de Tui.  Correrá a cargo da Orquestra Sinfónica de Tui e o Coro Mistura Vocal.

O Coro Mistura Vocal, formado por corenta cantores do sur de provincia de Pontevedra e dirixido pola tudense Aloia Martínez, será o encargado da primeira parte do concerto. Dende a súa formación en 2014 teñen realizado diferentes actuacións amais de acudido a diversos festivais e certames. No seu haber contan co primeiro premio do “Concurso Nacional de Corales Antonio José” celebrado en Burgos en outubro de 2017, onde tamén se fixeron co premio do público.

Intepretarán: 

  • “The Seal Lullaby” - E. Whitacre                              
  • “Heroes, pugnate viri fortissimi” - Jacobus Gallus
  • “Cantigas Galegas” - Julio Domínguez
  • “Didn´t my lord deliver daniel” - Carl Haywood
  • “Duérmete que viene preguntando” - Tradicional Cántabra con arranxos de Javier Busto

A segunda parte do concerto correrá a cargo da Orquestra Sinfónica de Tui, que se presentou hai tres anos neste concerto de Nadal. Esta integrada por preto de cincuenta alumnos, exalumnos, e profesores do Conservatorio Profesional de Música de Tui.  Comezarán intepretando bandas sonoras de películas, nalgúns dos temas coa colaboración do Coro Mistura Vocal, e rematarán con temas propios do Nadal. Está dirixido por Luís Caballero. O programa será o seguinte:

  • O pianista sobre o océano - E. Morricone
  • Cinema Paradiso - E. Morricone
  • A misión (Oboe de Gabriel) - E. Morricone               
  • Saharan dream - E. Morricone   
  • Piratas do caribe - K. Badelt       
  • Tema de Xogo de Tronos - R. Djawadi
  • Forrest Gump - A. Silvestri
  • Tema da lista de Schindler - J. Williams
  • Indiana Jones (Raiders March) - J. Williams
  • Let it snow - J. Styne (Interpretado polo coro e a orquestra)
  • Danubio Azul - J. Strauss
  • Marcha Radetzky - J. Strauss

As entradas para o Concerto de Nadal están á venda en www.culturatui.info ata o venres  ás 12h ou o venres dende ás 19.30h no despacho de billetes aos prezos de 6€ e 5€.