San Telmo
![](https://tui.gal/sites/default/files/styles/detalle_lugar/public/fiestas/concello-de-tui-festas-san-telmo.jpg?itok=nFYYmtCE)
As festas patronais na honra a San Telmo, declaradas de Interese Turístico Galego. Celébranse dende o Sábado Santo ata o luns de Pascua. Neste ano 2023 o luns de San Telmo - festivo local - será o 17 de abril
O programa festive esténdese ao longo de dez días. Ábrese coa lectura do pregón o 8 de abril, e inclúe festival folclórico, verbenas, concertos, actividades infantís, exposicións, e citas gastronómicas.