A Eurocidade Tui-Valença premio do Deporte Galego 2012
Na categoria do programa Galicia Saudable
A Xunta de Galicia acordou a concesión á Eurocidade Tui-Valença Tui, do Premio do Deporte Galego 2012, na categoría do programa Galicia Saudable. Este recoñecemento valoriza o carácter pioneiro da cooperación transfronteiriza, desenvolvida polas cidades de Valença e Tui, co obxectivo de mellorar a saúde dos seus cidadáns, a través da promoción da práctica da actividade física.
A Eurocidade desenvolveu, ao longo de 2012, 8 programas específicos para a promoción da práctica da actividade física e deportiva.En concreto, o circuíto de andainas saudables eurocidade 2012 (oôn catorce andainas ao longo do ano), 1º torneo de fútbol 7, trofeo de pesca deportiva, eurocidade btt, eurocidade, trofeo de balonmán, 2ª travesía a nado eurocidade e o trofeo de natación de Nadal. Mais de catro mil participantes testemuñan o éxito destes programas de actividades.
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, presidirá a Gala dos Premios do Deporte Galego 2012, no próximo xoves 21 de Marzo, en Lugo, onde será entregado este premio.
Estes galardóns “veñen recoñecer o máis destacado no noso amplo e rico espectro deportivo”, en palabras do Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, representado nas 17 categorías dos premios que abranguen os múltiples axentes do deporte galego: deportistas, clubs, adestradores, árbitros e entidades de promoción do deporte, como os patrocinadores ou os medios de comunicación, entre outros.
Para o Alcalde de Tui este premio significa un recoñecemento ao labor que desenvolve a Eurocidade, neste caso no ámbito do deporte, e que resulta un incentivo para continuar desenvolvendo esta iniciativa de cooperación entre Tui e Valença que tan positivos resultados está colleitando, logo de unicamente un ano de andadura.