A aula CeMIT de Tui acolle un curso denominado “Retoque Fotográfico” do 25 ao 28 de Xuño
Este aula funciona como Aula Aberta de 10,00 a 13,30
A aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Tui acolle na vindeira semana un novo curso de formación en materia audiovisual dirixido a todas as persoas interesadas neste novo ámbito profesional. Trátase dun curso sobre retoque fotográfico.
Se o interesado é usuario da Rede CeMIT, poderá inscribirse a través da web aulascemit.xunta.es/inscripcion e poderá seguir o seu proceso de reserva de praza; se aínda non é usuario da Rede CeMIT ou accede por primeira vez, debe achegarse á aula CeMIT (antigo Telecentro) de Tui, situada na rúa Colón, 2 (Edificio Área Panorámica – primeiro andar), co seu DNI e formalizar o proceso de inscrición como usuario da Rede para poder preinscribirse en calquera curso de Programa de Formación 2012.
Curso: Retoque fotográfico
Datos Xerais
Nivel: Básico
Prazas: 40
Número de horas: 15
Datas: 25 de xuño de 2012 - 28 de xuño de 2012
Horario: 16,00 a 20,00
Descrición: Este microcurso de 15 horas ten como obxectivo dotar aos participantes dos coñecementos e prácticas necesarios para a manipulación de imaxes dixitais, obtidas por medio de escáneres ou cámaras dixitais, a través do correcto manexo de todas as posibilidades que ofrece a aplicación informática de software libre Gimp no tratamento de imaxes. Está orientada fundamentalmente a aquelas persoas interesadas na formación básica e media das ferramentas de retoque fotográfico que desexen aprender como funciona o software libre Gimp, abrindo vías de formación e emprego, e coñecendo a realidade da posibilidade da ferramenta para o emprego de xeito profesional.
Para o Concello de Tui esta nova actividade amplía a oferta de formación que promove o Concello de Tui coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para favorecer a formación en novas especialidades e materias que atopan demanda no mercado laboral. Así este Aula ven funcionando como “Aula Aberta” en horario (de luns a venres) de 10,00 a 13,30 horas, agás cando existan cursos en que poderá modificarse este horario en función destas actividades formativas. Deste xeito o Concello promove o funcionamento deste espazo de tecnoloxías da información e á comunicación aberta ao público en xeral.