Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Ice Age 3 abre a programación do Cinema na rúa

28/07/2010



ICE AGE 3 no adro da porta norte da Catedral hoxe ás 22.30h

 

A película “Ice Age 3: a orixe dos dinosaurios” vaise proxectar hoxe ás 22.30h no adro da porta norte da Catedral de Tui, á carón da Casa do Concello. O cambio de emprazamento débese a celebración múltitudinaria que haberá a esa mesma hora no templo catedralicio, polo que por motivos de seguridade convén deixar libre a Praza de San Fernando. 

 

Mércores, 28 de xullo de 2010. Este venres comeza o “Cinema na rúa” que se enmarca na programación cultural organizada pola Concellería de Cultura, e que ao longo deste verán nos vai ofrecer tres películas de animación para todos os públicos.

 

Este venres, 30 de xullo, ás 22.30h no adro da porta norte da Catedral  vaise proxectar “Ice Age 3: A orixe dos dinosaurios”. Trátase dun film de animación con 94 minutos de duración co característico humor dos seus protagonistas Diego e Scrat. Nesta ocasión terán que enfrontarse aos dinosaurios, xa que a pandilla entra nun misterioso mundo soterrado.

 

As seguintes citas co “Cinema na rúa” serán o venres 6 de agosto con “Lluvia de Albóndigas” e o venres 20 de agosto coa proxección de “Planet 51”.

 

 

Cinema na rúa: “Ice Age 3”

-          Venres, 30 de xullo, ás 22.30h

-          No adro da porta norte da Catedral