Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui conmemora o CXIX aniversario dos Xogos Florais de Galicia cun recital poético e a recuperación do banquete "rexionalista"

22/06/2010

O CONCELLO DE TUI CONMEMORA O CXIX ANIVERSARIO DOS XOGOS FLORAIS DE GALICIA

O programa abangue un recital poético o xoves 24 e o banquete co mesmo menú que en 1891 a celebrar o sábado 26

 

A concelleria de cultura do Concello de Tui celebrará nesta semana o CXIX aniversario da celebración na nosa cidade dos Xogos Florais de Galicia, que tiveron lugar do 24 ao 26 de xuño do ano 1891 e que marcan un singular fito na historia de Galicia, oo seren o primeiro acto público celebrado íntegramente na nosa lingua.

O programa abrangue un recital poético a celebrar o vindeiro xoves, 24 de xuño ás 20,30 horas na Igrexa de San Domingos, e que estará presentado pola escritora Marga do Val e contará coa presenza de dúas agrexias figuras das nosas letras: María Xosé Queizán e Darío Xohán Cabana.

O programa continuará o sábado ás 22,00 horas no Parador de Turismo "San Telmo" que recuperá logo de cento dezanove anos o menú ofrecido como acto de calusura dos Xogos Florais. Trátase dunha ampla carta, propia dos banquetes burgueses daquela época, que recupera este anaco da nosa cultura, neste caso gastronómica,

 

Xogos Florais

Estes actos rememoran a celebración na nosa cidade o 24 de xuño de 1891 dos Xogos Florais de Galicia, primeiro acto público realizado íntegramente na nosa lingua, e que organizados pola Asamblea Rexionalista Galega premiaban composicións en galego e castelán de diversos xéneros, como no caso tudense, a poesía. O primeiro presidente da institución, Manuel Murguía converteríase aquel día no primeiro intelectual en dirixirse ao público en galego, lendo un discurso que constitúe un compendio do seu pensamento historicista e reivindicador sinalando que o principal obxectivo era "o renacemento dunha nacionalidade case morta e esquecida por medio da literatura, das tradicións e da historia".

Na cidade de Tui unha Xunta Rexionalista integrada por Manuel Fernández de Herva, como presidente,  xunto a Eduardo Caballero Canals, o coengo Antonino Cerviño González, Juan Areses Alonso, o tamén coengo Manuel Lago González, Juan Ávarez Cordero, Indalecio Rodríguez de Córdoba, Justo Salvador Fortes, Leoncio Comesaña González, Vicente García Rivera e Martín Díaz Spuch, organizaron, como representantes do Consistorio dos Xogos un amplo programa que supuxo incluso o traslado das festas patronais de San Telmo. Do amplo programa desenvolvido salienta o propio acto dos Xogos, xunto a un concurso de gaiteiros, un banquete "rexionalista" ou a función solemene de San Telmo na Catedral tudense coa actuación da orquestra catedralicia dixirxa polo mestre Manuel Martínez Posse.

 

Recital poético

A igrexa de San Domingos, sobranceiro exemplo de arte gótica na súa arquitectura e do barroco nos seus retábulos, acollerá o xoves 24 ás 20,30 horas o recital poético conmemorativo no que participaran dúas das voces máis afamadas da literatura de Galicia: María Xosé Quizán e Darío Xohán Cabana. O acto contará coa presentación da escritora Marga do Val e o acompañamento musical do alumno do Conservatorio de Música tudense Nestor Sutil Vecino.

María Xosé Queizán (Vigo,1939), foi Catedrática de Lingua e Literatura galega, impartindo clases nun IES de Vigo. Pioneira no feminismo en Galicia é Presidenta de FIGA (Feministas Independentes Galegas). Colaboradora literaria de "La Voz de Galicia". Directora da revista "Festa da palabra silenciada" e, dende 1999, da colección "As Literatas" de Edicións Xerais de Galicia. Escritora, traductora, conferenciante.

Darío Xohán Cabana (Terra Chá, 1952) traballou nas Edicións Castrelos (1970-75), foi liberado sindical, garda municipal e, finalmente, funcionario do Concello de Lugo. Desde 1987 colabora diariamente con La Voz de Galicia cun crucigrama en galego e é membro do Consello de Redacción de "A Trabe de Ouro". Polos seus libros de poesía obtivo os premios Cidade de Ourense (1982 e 1986), Celso Emilio Ferreiro (1983 e 1986) e Martín Códax (1994). Autor de números libros de creación literária. Como narrador gañou varios premios, entre os que destaca o Xerais de novela (1989 e 1994) e publicou libros como "Galván en Saor" (Premio Xerais de novela, Xerais 1989), un dos máis vendidos da literatura galega recente e membro da Real Academia Galega.

Presentará este acto a escritora Marga do Val (Vigo, 1964) nome literario de Marga Romero Lorenzo, Licenciada en Filoloxía Hispánica, Galego- Portugués pola Universidade de Santiago de Compostela. Profesora de Ensino Medio de Lingua e Literatura Galega na nosa cidade.  Critica literaria e articulista en diversos medios, autora de varios poemarios ("Entre dunas", "Poemas pola memoria", "Sarabia", etc), da novela "O prognóstico da lúa" e recentemente de varias adapatacións teatrais para a compañia viguesa "Teatro Arte Libre".

 

Banquete dos Xogos Florais

A vella cidade de Tui recuperará este ano, ao abiero do programa do CXIX aniversario da celebración dos Xogos Florais de Galicia, a celebración do "banquete rexionalista" que tivo lugar na nosa cidade o 26 de xuño de 1891 como remate daquel acontecemento cultural.

Gracias a unha iniciativa conxunta do Parador de Turismo "San Telmo" e a Concellería de Cultura do Concello tudense pódese recuperar este banquete "rexionalista" en homenaxe á cultura e a lingua galega que tivo lugar no Teatro Principal tudense como acto de clausura dos Xogos Florais de Galicia o 26 de xuño de 1891. A recuperación deste banquete é tamén un xeito de recuperar un aspecto da nosa historia cultural no que a gastronomia ten o seu papel.

Naquel banquete participaron sesenta personas e tomaron a palabra, entre outras personalidades, Enrique Lens, o poeta tudense Díaz Spuch, Manuel Lago González, Salvador Cabeza de León, o presidente da Xunta Rexionalista de Tui, Manuel Fernández Herba, xunto con Alfredo Brañas e, finalmente, Manuel Murguía.

Desta volta o 26 de xuño ás 22,00 horas coa iniciativa do Parador de Turismo "San Telmo" Tui acollerá de novo este banquete en homenaxe á cultura e á língua galega, recuperando integramente a carta daquel acto de 1891. En concreto o menu foi, e será de novo, o seguinte:

            - sopa fina

            - raxo con cogordos

            - salmón á alicantina

            - polos salteados

            - langosta á rusa

            - pastel de pichós

            - filetes á xardineira

            - helados

            - pavo con cogordos

            - budin con ron

            - pastelón á inglesa

Todo acompañado con "viño vello da terriña", "xerés", "campagne" e para rematar "puros da Habana".

As personas interesadas en participar neste banquete, que será servido na modalidade de "bouffet libre", poden retirar o correspondente convite no Parador de Turismo de Tui a un prezo de 39,00 euros, xa personalmente ou realizar a reserva a través do teléfono 986.600.300 ou do correo electrónico: tui@parador.es

 

 

Para o concelleiro de cultura tudense, Moisés Rodríguez Pérez, estes actos conmemorativos do CXIX aniversario da celebración en Tui dos Xogos Florais de Galicia colocan por unha xornadas á nosa cidade como protagonista no ámbito da cultura de Galicia. O concelleiro agradece a iniciativa do Parador de Turismo tudense de recuperar o banquete celebrado naquelas xornadas que recuperan un aspecto moi interesante da nosa cultura. Para a cidade de Tui estas actos de lembranza daquelas xornadas supoñen evidenciar, nunha nova oportunidade, a singular achega da nosa cidade á cultura de Galicia realizada ao longo do tempo salientando este acontecemento dos Xogos Florais que supuxeron a recuperación da nosa lingua no ámbito público.