Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá venres inauguración da exposición "En clave de pedra" do escultor tudense Rosendo

17/06/2010

 MAÑA VENRES INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN "EN CLAVE DE PEDRA" DO ESCULTOR TUDENSE ROSENDO

 

A Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acolle mañá venres 18 de xuño ás 20,30 horas a inauguración da exposición do escultor tudense Rosendo González Martínez "Rosendo" que amosará unha escolma da sua producción artística.

Rosendo comenza no 1984 o seu labor escultórico tallando granito e mármore, alternando esta actividade con modelado e vaciado así como técnicas de cantería.  Ten impartido clases de cantería en diversas Escolas e Obradoiros de Emprego em diversas localidades de Galicia.

Na actualidade está ultimando a elaboración da escultura de Sócrates que o vindeiro venres 26 de xuño será reposta nos tudenses Xardíns de Troncoso lugar de onde fora arrincada no ano 1936 e que reproduce o monumento elaborado naquelas datas polo artista Benito Prieto Coussent, profesor de debuxo no Instituto local.

Para o concelleiro de cultura tudense, Moisés Rodríguez Pérez, con esta nova exposición o Concello de Tui continua impulsando á promoción e difusión da obra dos nosos artistas locais, como é o caso do escultor tudense Rosendo que posue xa unha acreditada traxectoria e que dende hai xa nove anos no realizaba unha mostra da súa obra en Tui.

 

 

Curriculum de Rosendo

 

EXPOSICIÓNS

  • EXPOSAL 90  - Salceda de Caselas, Pontevedra
  • 2ª  MOSTRA UNIÓN FENOSA  (  A Coruña 91)
  • FESTIVAL DA POESÍA NO  CONDADO 91 -  Salvaterra de Miño, Pontevedra
  • XOVES VALORES, Museo de Pontevedra 92 (Deputación de Pontevedra)
  • SALA MUSEO LAXEIRO (Vigo 94)
  • GALICIA TERRA UNICA  (Vigo 97)
  • 1º SIMPOSIUM DE ESCULTURA MONTE ALBA  Vigo 99 ( asistente )
  • PIEDRA 2000   ( IFEVI  Madrid )
  • SALA ARZOBISPO LAGO - Tui 2001 (individual)
  • XI BIENAL INTERNACIONAL DE ARTE - Vila Nova de Cerveira - PORTUGAL 2001
  • ARTE NO MORRAZO, Cangas 2002
  • ARTUISTAS -Tui  2008
  • ARTUISTAS -Tui  2009

 

 

OBRAS EN COLECCIÓNS PARTICULARES

  • Bodegas Vega Sicilia - Ribera del Duero : Escudo en praza principal
  • Alicante : escultura relixiosa privada (Cruceiro monumental)
  • Irlanda : escultura moderna Cheltenham Castel
  • Vigo : escultura relixiosa privada ( Cruceiro monumental)
  • Porriño: Busto recordatorio fundador grupo industrial
  • Tui : Fonte de Santa Ana , Escultura relixiosa
  • Vigo: Busto recordatorio
  • Tui: Escultura conceptual.
  • Salvaterra: Escultura conceptual en gran formato

 

OBRAS EN ESPAZOS PUBLICOS

  • Estadio Vicente Calderón : Escudos en fachadas exteriores
  • A Bañeza  - León: imaxe de Santiago Peregrino
  • León: escultura de Santa Columba de la Vega.
  • Oviedo: imaxe de Santiago Peregrino
  • Tomiño: Fonte escultórica en centro cultural