O Telecebtro de Tui acolle un curso gratuito de "Edición dixital en audio" o mercores 16 de decembro pola tarde
O TELECENTRO DE TUI ACOLLE O CURSO "EDICIÓN DIXITAL DE AUDIO"
O curso, de catro horas de duración, é de carácter gratuito, abarca a iniciación á edición dixital e para asistir os interesados só deben cubrir unha inscripción
O Telecentro de Tui acolle o vindeiro mércores día 16 de decembro o curso titulado "Edición dixital de audio". O curso, de catro horas de duración, é de carácter gratuito e ten por obxectivo que os interesados poidan iniciarse na edición dixital de audio co ordenador. Os paticipantes coñecerán os diferentes formatos de audio dixital, aprendendo a editalos e manexalos, xestión de pistas de audio, sons, efectos e misturas.
Para poder asistir os interesados deben cubrir unha inscripción cos seus datos que poden atopar na Biblioteca Municipal, no propio Telecentro ou ben a través do correo electrónico enviando os datos á dirección biblioteca@concellotui.org.
Iniciación
O curso está destinado a usuarios con coñecementos de uso do ordenador, pero sen ningún coñecemento de ferramentas de edición de audio. Hoxe en día é posible para calquera usuario realizar tarefas básicas de edición de audio cun acabado semellante ó profesional, coa simple axuda dun ordenador e programas libres e gratuitos.
O curso aborda maioritariamente a edición dixital de son, aínda que tamén abarca aspectos da edición analóxica de audio, precisamente porque existen contidos de ambos tipos de edición que teñen carácter compartido. O curso abarcará tanto explicacións teóricas coma exercicios prácticos.
O curso "Edición dixital de audio" impartirase no Telecentro de Tui, ubicado no edificio San Paio (c/Colón, nº 2) de 16:30 horas a 20:30 horas do vindeiro mércores 16 de decembro.