Festival de Playbacks o sábado ás 20,00 h. no Teatro Municipal
23/10/2009
Festival de Playbacks no Teatro
Será mañá sábado ás 20h
Sábado, 24 de outubro de 2009 Festival de Playbacks no Teatro Municipal
O Teatro Municipal de Tui acolle mañá sábado, ás 20h, o I Festival de Playbacks organizado pola Concellería de Cultura de Tui en colaboración coas Asociacións Culturais das parroquias.
No festival participarán os grupos dos centros culturais de Rebordáns, Areas, Pexegueiro, Ribadelouro, Pazos De Reis, Caldelas e Randufe.
A entrada é gratuíta e apertura de portas farase ás 19.30h.
Festival de Playbacks
Lugar: Teatro Municipal
Data e hora: Sábado, 24 de outubro ás 20h
Entrada libre. Apertura de portas ás 19.30h