Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Biblioteca Municipal renova a campaña "Lendo espero" no Centro de Saude de Tui

7/10/2009

A Biblioteca Municipal renova o fondo de "Lendo espero" a disposición dos usuarios de pediatria no Centro de Saúde

 

A Biblioteca Municipal coa colaboración da Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Consellería de Cultura e Turismo renovan o fondo do programa "Lendo Espero" existente na sala de espera de pediatria no centro de saude de Tui. "Lendo espero" é iniciativa que consiste en achegar os libros á sala de pediatría dos centros de saude, onde cada día se dan cita moitos nenos e nenas para facer esperas, ás veces prolongadas. A Conselleria de Cultura e Turismo e a Biblioteca Municipal consideran que estes momentos de agarda son oportunidades ideais para achegarse á lectura e aproveitan para ampliar os espazos adicados á lectura no Concello.

 

Son vinte novas obras que axudarán aos cativos a entreterse agardando pólo pediatra. Así, nas salas de espera dos servizos de pediatría existe un punto de lectura con libros e información sobre as condicións de uso. Os usuarios poden coller os libros libremente que estarán dirixidos, principalmente, a idades novas e conterán imaxes e colores. É unha carta de presentación que serve de enlace entre a Biblioteca Municipal e os lectores e lectoras máis novos.

 

"Lendo espero" é un proxecto da Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura para achegar os libros aos máis pequenos. O programa desenvólvese en colaboración coa Rede de bibliotecas públicas e cos centros de saúde, e consta dun punto de lectura, un panel informativo e un tríptico que inclúe datos das bibliotecas máis próximas.

 

Este programa "Lendo espero" leva funcionando xa tres anos no Centro de Saude tudense e deste xeito a Biblioteca ten unha pequeña parte de si no Ambulatorio para achegarse aos ususarios. A mesma filosofía move o programa "Bibliopiscina" que, como o seu propio nome indica, consiste en achegar os libros á piscina na época de verán, para que os usuarios poidan disfrutar de ambos servizos municipais a un tempo.

 

Éstas son as novas obras que pais e rapaces poderán atopar no ambulatorio: "Es ti o meu amigo" de Magda Soldado, "As minas do rei Chang Py Ñong" de Miquel Desclot, "O zoo de Xoquín" de Pablo Bernascoti, "Sara fai preguntas" de Pasqual Alapont, "O segredo do Rei Curro", de Patacrúa, "Furia", "Arroz e tinta" e "Unha estatua e dous artistas" de Patxi Zubizarreta, "René no conoce Galicia" de Pepe Carreiro, "Outro nome para Daniel" de Ramiro L. Álvarez, "A Saga de San Ferreol" de Ramón Loureiro, "Sopa de soño" de Riki Blanco, "A casiña azul" de Sandra Comino, "A bañarse" de Taro Gomi, "Xogo e aprendo" de Teresa Soler, "Os animais da cidade" e "Nenos e nenas de todo o mundo" de Vicente Muñoz Puelles, "A princesa que venceu a sombra" de Xoán Babarro, "Farrapos de Nube"  de Xoán Neira e "A mulemba" de Xosé Lois García.