Maña conferencia da escritora e periodista Angeles Caso, que abre os actos do XV aniversario da Radio Municipal de Tui
Ángeles Caso imparte unha conferencia en Tui sobre “Las Olvidadas. Una historia de mujeres creadoras”
Este acto abre a programación do XV aniversario da Radio Municipal de Tui
Martes, 3 de xuño de 2008. O Teatro Municipal de Tui acolle mañá mércores, ás 20.30h, unha conferencia a cargo da xornalista Ángeles Caso titulada “Las olvidadas. Una historia de mujeres creadoras”. Esta acto abre o programa de actividades de celebración do XV Aniversario da Radio Municipal de Tui. A conferencia chega a Tui no marco do ciclo “Periodismo siglo XXI” grazas a colaboración entre Caixanova e o Concello de Tui.
Ángeles Caso fixo xornalismo escrito, radiofónico e televisivo, presentando os informativos da TVE. Traballou posteriormente en institucións coma a Fundación Príncipe de Asturias. Realiza tamén unha inxente produción literaria sendo finalista en 1994 do Premio Planeta con “El peso de las sombras” e en 2000 gañou o premio Fernando Lara de novela con “Un largo silencio”.
Na conferencia que ofrecerá o mércores en Tui abordará a vida dun grupo de mulleres que escaparon ás normas e trataron de desenvolver a intelixencia e o talento. Mulleres creadoras e sabias, escritoras, artistas ou compositoras, coma Hildegarda de Bingen, conselleira de papas e emperadores, Cristina de Pisan, cronista da historia de Francia, Beatriz Galindo, preceptora de latín de Isabel a Católica, Sofonisba Anguissola, retratista na corte de Felipe II ou María de Zayas, novelista de éxito no Século de Ouro, entre outras. Pero a historia borrounas dos seus índices postergándoas de novo no silencio do que elas tentaran fuxir.
A entrada será libre até completar o aforamento.
Conferencia de Ángeles Caso
Data e hora: Mércores 4 de xuño ás 20.30h
Lugar: Teatro Municipal de Tui, rúa Colón nº2
Entrada: Libre até completar o aforamento