Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Dobre función o venres e o sábado de Talia Teatro en Tui con "E ti, quen vés sendo?"

9/04/2008

Talía Teatro presenta en Tui “E ti, quen vés sendo?” Ofrecerá dobre función, o venres ás 21h e o sábado ás 20h no Teatro Municipal Mércores, 9 de abril. Un elenco de oito actores galegos subiranse este venres e sábado ao escenario do Teatro Municipal de Tui para levar a escena unha comedia teatral dirixida por Cándido Pazó. “E ti, quen vés sendo” é o título do espectáculo que Talía Teatro achega a Tui con dobre función, o venres ás 21h e o sábado ás 20h dentro da programación que organiza a Concellería de Cultura. As entradas poranse á venda o día da función dende ás 16.30h ao prezo xeral de 4,5€ ,habendo os descontos habituais. Cándido Pazó levou a clave actual o texto de “O Anfitrión” de Plauto, sendo autor e director de “E ti, quen vés sendo?”, na que narra a historia de dez indixentes que viven na rúa e queren montar unha obra de teatro, precisamente a de Plauto. Dan vida aos personaxes os actores Artur Trillo, Toño Casais, David Creus, Dani Trillo, Marta Ríos, Rosi Barcala, María Ordóñez, Diego Reu, Gustavo G. Dieste e Xurxo Barcala. Ao longo de 85 minutos, e cun “lío amoroso” de fondo, trátase de demostrar que un é un mesmo cando é suplantado por outra persoa idéntica. Talía Teatro naceu en 1988 en Cee como grupo de teatro afeccionado, dando o salto á profesionalidade en 1996 ante a evolución da compañía, o éxito de crítica e os premios acadados até entón. Cinco anos de Teatro en Tui Precisamente a representación desta fin de semana coincide co quinto aniversario do Teatro Municipal de Tui, xa que esta infraestrutura cultural estreouse o 11 de abril de 2003. Neste tempo teñen pasado polo Teatro 105 mil usuario se 400 actividades. Nestes cinco anos o Teatro é un espazo plenamente consolidado que ten acadado unha magnífica resposta do público. Así o demostran os datos da Rede Galega de Teatros e Auditorios referidos a 2007 onde Tui ocupa o segundo lugar en número de espectadores de media por función, logo de Vigo. Talía Teatro con “E ti, quen vés sendo?” Data: Venres 11 de abril ás 21h e Sábado 12 ás 20h Lugar: Teatro Municipal de Tui Prezos: 4,5€ - 3,5€ con desconto – 2,5€ os menores de 12 anos Recomendada: A partir de 12 anos