Presentación do LIV Descenso Internacional do Miño
Mañá martes, 12 de agosto, ás 12.00 horas, na rúa Olímpicos Tudenses, ao carón do Centro Municipal de Piragüismo Quique Míguez, terá lugar a presentación do LIV Descenso Internacional do Miño, proba federada que se celebrará o próximo sábado 16 de agosto, con saída a partir das 18.00 horas dende Salvaterra do Miño e chegada nas inmediacións do pantalán dos centros municipais de piragüismo e remo de Tui, organizado polo Club Kayak Tudense, en colaboración co Concello de Tui, a Federación Galega de Piragüismo, a Comandancia Naval do Miño, a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra e Protección Civil de Tui.
Na mesma estarán presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, o comandante naval do Miño, Víctor García, o xefe do servizo de Deportes da Xunta de Galicia en Pontevedra, Daniel Benavides, a directora técnica de deportes da Deputación de Pontevedra, Xisela Aranda, o concelleiro de deportes de Salvaterra do Miño, Edgar Martínez, o presidente do Club Kayak Tudense, Manuel Pedrares, acompañados por varios deportistas do club.