Presentación da 44ª Regata Miño Internacional
15/01/2025
Maña xoves, 16 de xaneiro, ás 12.15 h, no salón de plenos do Concello de Tui, terá lugar a presentación da 44ª edición da Regata Miño Internacional que se celebrará este sábado, 18 de xaneiro. Esta proba está organizada polo Club Remo do Miño, en colaboración co Concello de Tui, a Federación Galega de Remo, a Comandancia Naval de Tui e Protección Civil de Tui.
Na presentación participarán o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estevez, o director deportivo da FGAR, Juan Zunzunegui, e o presidente do Club Remo do Miño, Manuel Ángel González, o vicepresidente, Luis Moroño, e a secretaria do club, Áurea Gil.