Emotivo, divertido e sorprendente. Así é “Terceiro acto” a obra teatral que mañá xoves, 31 de outubro, ás 21 h presenta o Centro Dramático Galego, CDG, no Teatro Municipal de Tui. Esta mañá comezou xa a montaxe da escenografía e a iluminación no escena
A cita será no Teatro Municipal de Tui ás 21 h
Emotivo, divertido e sorprendente. Así é “Terceiro acto” a obra teatral que mañá xoves, 31 de outubro, ás 21 h presenta o Centro Dramático Galego, CDG, no Teatro Municipal de Tui.
Esta mañá comezou xa a montaxe da escenografía e a iluminación no escenario do teatro tudense onde o público poderá gozar con posta en escena de Belén Constenla, César Goldi, Fernando Morán, María Costas e César Cambeiro baixo a dirección de Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez, autoras tamén da dramaturxia.
Hoxe a concelleira de Cultura, Ensino e Mocidade, Sonsoles Vicente, xunto ao director do CDG, Fran Núñez, visitaban o Teatro Municipal onde se iniciaron estes labores de montaxe.
Sonsoles Vicente amosou a súa ledicia por acoller nunha nova ocasión ao Centro Dramático Galego neste espazo escénico tudense. Lembrou que o CDG é a compañía pública teatral de Galicia, e convidaba ao público a asistir á representación porque a obra “é unha homenaxe ao teatro e tamén aos espectadores”.
Fran Núñez, director do CDG, explicou que “Terceiro acto” é un espectáculo “para celebrar o 40 aniversario do Centro Dramático Galego. É unha viaxe emotiva e moi divertida pola memoria do teatro, e pola memoria da xente que vén ao teatro. Creo que o público vaina disfrutar moitísimo”. Lembraba Fran Núñez que o espectáculo naceu en marzo de 2020 e estreándose en 2021 un feito que precisamente forma parte tamén da historia que conta o espectáculo. Así dicía que “a partir do peche nun teatro van aparecendo as historias de vida dos propios intérpretes, ficcionadas, e esas historias van levar a facer memoria, da primeira vez que foron ao cine,…” pero indicaba que “ao tempo que os actores e actrices fan memoria tamén o fai o público.
As entradas están á venda até xoves ás 20.50 h en tui.gal aos prezos de 10€ e 7.5€.