Tui acolle o Campionato de España de Radiocontrol Térmico
Esta fin de semana Tui acollerá a derradeira proba do Campionato de España de Radiocontrol Térmico, na que se decidirá o título nacional. Máis de 12 pilotos teñen formalizado xa a inscrición nas catro categorías establecidas. O sábado, no circuito con forma de M de 100 x 50 metros fronte á gradas da rúa Olímpicos Tudenses, disputaranse as dúas primeiras mangas, ás 12 h e ás 16.30 h, e o domingo terá lugar terceira manga e a entrega de premios. A presentación desta competición tivo lugar esta mañá.
A desta fin de semana será a sexta ocasión na que Tui é o escenario deste Campionato de España coma explicou o vicepresidente da Federación, Carlos Gago, quen subliñou que “este escenario é coma a nosa casa”. Un dos pilotos que estará en competición é Emilio Cadaveiro, que explicou quen salientou que será unha proba moi espectacular e moi reñida xa que todos os participantes buscarán facerse co Campionato de España. Destacou as características que ten Tui para estes eventos cunha boa lámina de auga e un pantalán no que caben todos os pilotos.
O xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Daniel Benavides, agradeceu a sensibilidade do concello de Tui para acoller eventos coma este que fan que “Galicia sexa un referente a nivel nacional e internacional”.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, reiterou o compromiso de Tui co deporte, e coma probas coma esta e o Campionato de España e Copa Ibérica de embarcacións T-850 e G6 celebrado en xullo converten a Tui nun referente na motonáutica. Amosou a disposición do Concello de Tui para acoller un campionato do Europa ou do Mundo tendo en conta as características da cidade “polo medio natural que ten, polo río, polo entorno, polo seu carácter transfronteirizo”.