Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá mércores ás 12 h presentarase o Descenso Internacional do río Miño

20/08/2024

Mañá mércores, 21 de agosto, ás 12 h, na rúa Olímpicos Tudenses xunto ao Centro Municipal de Piragüismo Quique Míguez terá lugar a presentación do 53º Descenso Internacional do río Miño que se vai celebrar este sábado, 24 de agosto, entre Salvaterra e Tui. Este ano será Campionato de España de Ríos.

No acto participarán o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o presidente da Deputación, Luís López, o xefe do servizo provincial de Deportes, Daniel Benavides, o presidente da Real Federación Española de Piragüismo, Javier Hernanz, os concelleiros de Deportes de Tui, Rafael Estévez e Edgar Martínez, e o director técnico do Club Kaiak Tudense, Manuel Pedrares.