Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentación do Campionato de España e Trofeo Ibérico de embarcacións T850 e GT60

19/07/2024

O próximo luns, 22 de xullo, ás 11.00 horas, no aparcadoiro da rúa Olímpicos Tudenses, xunto ás instalacións de piragüismo e remo de Tui, terá lugar a presentación do Campionato de España e Trofeo Ibérico de embarcacións T850 e GT60. Esta proba está organizada por la Real Federación Galega de Motonáutica, en colaboración co Concello de Tui, coa Real Federación Española de Motonáutica, coa Comandancia Naval do Miño, e Protección Civil de Tui e Tomiño terá lugar o sábado 27 de xullo, no río Miño, fronte ao Club Náutico San Telmo.

Na presentación estarán presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o vicepresidente da Real Federación Galega de Motonáutica, Carlos Gago, a deputada de turismo da Deputación de Pontevedra, Nava Castro, e o xefe do servizo provincial de deportes da Xunta de Galicia en Pontevedra, Daniel Benavides.