Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentación dunha cadeira anfibia polo Club Náutico Inclusivo do Baixo Miño

16/07/2024

Mañá mércores, ás 12.30 horas, no aparcadoiro dos centros municipais de piragüismo e remo de Tui, na rúa Olímpicos Tudenses, terá lugar a presentación dunha cadeira anfibia adquirida polo Club Náutico Inclusivo do Baixo Miño.

No acto participarán o alcalde, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de servizos sociais de Tui, Ismael Diz, a concelleira de igualdade, Ana Mª Núñez, o secretario xeral para o deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete, e a directora da oficina de CaixaBank de Tomiño.