Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O próximo martes retómase a actividade comercial na praza de Abastos tras a reforma integral do edificio

12/07/2024

Nunha primeira fase abrirán os postos de peixe, carne e flor, e nun mes os de restauración, panadería, alimentación ecolóxica, produtos gourmet e froita

Tras completar a reforma integral do edificio a praza de abastos de Tui retoma a súa actividade comercial o próximo martes, 16 de xullo.

Nesta xornada ultímanse os detalles de montaxe dos distintos postos de venda que a partir do martes os e as praceiras volverán ofrecer os seus produtos caracterizados pola calidade, proximidade e polo trato profesional e cercano. Nesta primeira fase abrirán os postos de peixe, carne e flores. Nunha segunda fase, dentro dun mes, terá lugar a apertura dos postos de restauración, panadería, alimentación ecolóxica, produtos gourmet e froita, e xa na terceira fase completaranse os postos baleiros cunha nova licitación.

Así a praza de abastos, Mercado Municipal de San Antonio, abrirá en horario matinal de 8 a 14 h. A inauguración oficial do edificio realizarase proximamente tras completar a segunda fase de apertura, priorizando a actividade comercial dos praceiros e praceiras de xeito inmediato.