Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Esta noite primeira cita co cinema ao aire libre no Paseo Fluvial

12/07/2024

Ás 22.30 h proxectarase a película de animación “El pequeño Nicolás”

O Paseo Fluvial de Tui converterase esta noite nunha gran sala de cine ao aire libre dentro da programación “Tui, verán na rúa” que organiza o Concello de Tui. Ás 22.30 h comezará a proxección da película de animación “El Pequeño Nicolás”.

O público poderá gozar as aventuras de Nicolás, que o levan até o estudo dos seus creadores René Goscinny (que tamén creou a Astérix) e o  debuxante Jean-Jacques Sempé. Entre Montmartre e Saint-German-des-Prés, Jean-Jacques Sempé e René Goscinny dan vida a "El pequeño Nicolás". O filme, dirixido por Amandine Fredon e Benjamin Massoubre,  recibiu o premio á Mellor Longametraxe no Festival de Annecy en 2022.