Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

As Rutas de Natureza convidan a percorrer este sábado a Senda Botánica coa Fada do Aloia

27/05/2024

Ofértanse 25 prazas. A inscrición gratuíta debe realizarse na Oficina de Turismo

O Concello de Tui, dentro do programa Rutas de Natureza, convida a descubrir os encantos do Parque Natural Monte Aloia da man da Fada do Aloia nunha ruta guiada este próximo sábado, 1 de xuño, pola Senda Botánica. 

A saída será ás 10.00 h dende o aparcamento situado nas proximidades do Centro Interpretación. No percorrido pola Senda Botánica  as persoas participantes, seguindo as indicación de A Fada do Aloia, poderán coñecer algunhas as especies, tanto de flora coma fauna, que hai neste parque natural. A ruta con dificultade baixa. 

É unha actividade dirixida especialmente ás familias. A través de contos, xogos e actividades interactivas, as e os máis pequenos gozarán aprendendo sobre a flora e fauna do parque mentres se divirten.

Ofértanse 25 prazas. As persoas interesadas deben inscribirse na Oficina de Turismo, no Paseo da Corredoira, no correo turismo@tui.gal, ou no teléfono 677 41 84 05.