Tui conmemora o Día Mundial da SIDA cunha campaña informativa sobre esta enfermidade
O Concello de Tui, a través do Servicio de Prevención de Drogodependencias, leva a cabo unha campaña informativa con motivo do Día Mundial da loita contra a SIDA que se conmemora hoxe venres, 1 de decembro.
Por este motivo colocouse unha pancarta na fachada do edificio Francisco Sanchez, ofrecendo a información á cidadanía sobre a SIDA. Amais realízanse nos institutos de Tui, obradoiros para promocionar estilos de vida e formas de diversión saudables, desmitificando falsas crenzas e mala información, permitindo aos individuos estar a cargo da súa saúde e non ser pasivos, fomentando no marco asociativo xuvenil o desenvolvemento de estilos de vida saudables e ofrecendo formación sobre esta enfermidade.
Amais continuando con esta campaña o Servicio de Prevención das Drogodependencias en colaboración cos pubs de Tui, realizará esta fin de semana o reparto de preservativos, carteis, dípticos, e folletos informativos sobre a SIDA.