Mañá venres preséntase o Calendario Deportivo da Eurocidade 2023
9/02/2023
Mañá venres, 10 de febreiro, ás 12.00 horas españolas, no salón de plenos do Concello de Tui, terá lugar a presentación do Calendario Deportivo da Eurocidade 2023. Estará formado por eventos deportivos, organizados por diferentes asociacións deportivas de Tui e Valença, así como por empresas especializadas.
Neste acto estarán presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o presidente da Cámara Municipal de Valença, José Manuel Carpinteira, os concelleiros de Deportes de Tui e Valença, Rafael Estévez e Arlindo Sousa, acompañados polos representantes das distintas asociacións deportivas e empresas organizadoras dos eventos deportivos.