Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Identidade Gráfica

O Concello de Tui conta dende 2022 cunha identidade gráfica formada por un escudo, unha marca institucional e unha marca corporativa.

Usos

De maneira xeral, a marca institucional usarase en calquera elemento relacionado coa actividade institucional e administrativa do concello: papelería, impresos, etc.

A marca corporativa usarase en elementos relacionados cos servizos que o concello proporciona a cidadanía: carteis publicitarios de eventos culturais, deportivos e turísticos, carteis de obra, servizos de infraestrutura e medio ambiente, etc.

Tipografía

Para compoñer os elementos corporativos non editables utilizarase a tipografía Milab Std. É a tipografía coa que se constrúen as marcas institucional e corporativa, así como os logos de concellerías, servizos, etc.

Para os elementos corporativos editables do Concello de TUI utilizarase a tipografía Archivo nos seus diferentes pesos, formatos e tamaños. Unha versátil familia tipográfica de libre uso, dispoñible para descarga en Google Fonts.

Para usos dixitais nos que non estea dispoñible a tipografía Archivo, utilizarase a secundaria “Verdana”, unha tipografía de uso común nos sistemas operativos Windows e MacOS

A Cor principal

A cor corporativa para a reprodución correcta da nova identidade corporativa de TUI é o Pantone 2725 C.

CMYK 73 | 65 | 0 | 0 

RGB 102 | 102 | 214

WEB #6666cc

Marca Institucional

A marca institucional de TUI está composta polo escudo e o nome do concello de TUI.

O logotipo está creado partindo dunha tipografía modificada, a Mislab Std; unha familia con serifa, de tipo exipcio, que aporta carácter e boa lexibilidade.

A gama cromática da marca institucional redúcese a unha soa tinta, o Pantone 2725 C, o mesmo que na versión simplificada do escudo.

Marca Corporativa

A marca corporativa de TUI está composta pola unión de dous elementos, que enmarcados nun rectángulo, forman un elemento común. Á esquerda do rectángulo un símbolo inspirado na ponte, un sinónimo de conexión e integración, e na letra “T” de TUI . E á dereita do rectángulo o logotipo co nome de Tui.

O logotipo está creado partindo dunha tipografía modificada, a Mislab Std; unha familia con serifa, de tipo exipcio, que aporta carácter e boa lexibilidade.

A cor elixida é o Pantone 2725 C. Trátase dunha cor inspirada na bandeira da cidade pero que transmite a mesma idea que a nova imaxe, a de mirar ao futuro.

 

Acceso á carpeta de descarga da Identidade Gráfica