A V Feira do Peregrino será presentada mañá venres
Mañá venres, 30 de xullo, ás 12 h no Pórtico da Catedral de Tui terá lugar a presentación da V Feira do Peregrino que se vai celebrar na cidade o sábado 4 e o domingo 5 de setembro.
A feira está organizada por ACITUI, Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, a Asociación Amigos do Camiño de Santiago de Tui, e a Asociación Turismo Cidade de Tui , coa colaboración do Concello de Tui, a Deputación de Pontevedra, a Xunta de Galicia, Iacobus e AGACS.
Na presentación mañá venres participarán Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, Ana Mª Núñez, concelleira de Comercio, Juan Carlos Blanco, presidente de ACITUI, Miguel Ángel Martínez, vicepresidente da Asociación Cidade de Tui, e Antonio Ferreiro, historiador do Camino de Santiago, e representante da Asociación IACOBUS.