Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui volveu hoxe ao nivel de alerta laranxa por COVID 19

14/11/2020

O municipio de Tui volveu hoxe, sábado 14 de novembro, o nivel de alerta laranxa que diariamente publica a Xunta de Galicia recollendo a incidencia da COVID 19 nos últimos 7 días. Dende o pasado 21 de outubro Tui estaba en nivel vermello ao superar os 21 casos.  

Hoxe está en nivel 2, é dicir que no municipio se rexistran entre 14 e 21 casos. Ainda que Tui descende de nivel de alerta, mantéñense as medidas restritivas establecidas pola Xunta e que entraron en vigor o pasado sábado 7 de novembro. Entre esas medidas está o peche perimetral do municipio, so se permiten as reunións de persoas convivintes ou bares, cafés e restaurantes deben permanecer pechados salvo para entrega a domicilio ou recollida no local. Lembramos que dende o Concello se está a confeccionar unha Guía cos establecementos que ofrecen este servizo. Pode consultarse aquí