Recursos para a lectura on-line
Dende a Biblioteca Pública Municipal de Tui realizouse unha compilación de recursos en liña sobre libros e lectura.
Galicia Le
Por unha parte a Biblioteca Pública Municipal de Tui forma parte da Rede de Bibliotecas Públicas de Galiai que conta ao plataforma de préstamos de obras - libros, revistas, audiolibros e películas - en formato electrónico Galicia Le. O obxectivo da plataforma é facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura. Proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas ficción, informática, historia, ocio …
GaliciaLe conta cun “Catálogo galego” e outro “Catálogo en castelán”. As obras incluídas nos mesmos poderán lerse e visionarse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles e ordenadores persoais. No caso dos libros, poderá facers, ademais, desde un lector de libro electrónico.
O acceso pódese facer co carné de socio da Biblioteca de Tui ou de calquera outra biblioteca que pertenza á rede ou rexistrándose directamente en Galicia Le.
Concurso “Un poema na túa voz”
A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, GALIX, promove o concurso “Un poema na túa voz” dirixido a nenos e nenas de 6 a 14 anos e as súas familias. Para participar hai que elixir un poema tradicional ou de autor, gravalo co móbil ou no ordenador e envialo a galix@galix.org. As bases completas están na web de GALIX.
Iniciativas para acceder á literatura infantil e xuvenil
- O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra abre as súas portas no mundo dixital, e ofrece contidos todos os días no Salón Virtual
Este conto de "O pequeno morcego" por Paula Carballeira é un dos que están dispoñibles.
- O Colectivo NOGA #narracionoralgalega crea a canle de YouTube Pandemia de contos, onde se poden atopar historias breves contadas por diversas narradoras e narradores orais.
Un deses contos é "Ra da boca grande" que contá Andrea Bayer.
- A editorial Galaxia ten creada no Instagram a conta Galaxia Infantil, na que se están a colgar vídeos nos que as autorías falan dos seus libros
- A páxina web de Kalandraka, que ofrece moito material videográfico arredor da literatura.
- En páxinas como a de Os Bolechas, por exemplo, podemos atopar contido para ocupar o tempo de lecer para as crianzas.
- Na web do Xabarín en CRTVG están dispoñibles vídeos, series, música, audio-contos e xogos en galego. Tamén os divertidos Karaokes do Xabarín, para cantar en familia na canle YouTube do Xabarín.
- Na canle de YouTube Sonárbore, a canle en youtube da Editorial Galaxia, hai moitos vídeos para cantar e bailar en galego.
- Na páxina da Real Academia Galega Primavera das Letras ofertan contidos para o público infantil sobre Carballo Calero a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.
Pódense atopar máis recursos na web de Galix.