Romería de San Xián
A romaría de San Xián ou San Xulián ten lugar cada 27 de xaneiro no Parque Natural do Monte Aloia. Esta é a primeira das dúas romarías anuais que teñen lugar no Aloia. A outra, a das Angustias, celébrase o primeiro domingo de xullo.
Na capela do santo celébranse as misas ao longo da mañá, e ao mediodía misa solemne con procesion. É tradición quedar a xantar cocido nesta data.
Nos últimos anos, nesta data, máis de medio centenar de tudenses saen dende o centro urbano até o cumio, parando nos muíños do Tripes para tomar as papas de millo. Antigamente invocábase a San Xulián para pedir choiva ou sol e, en función da petición, colocábase ao santo nun ou noutro lugar.