Bando disponibilidade de detectores de fume para persoas maiores de 65 anos
Bando disponibilidade de detectores de fume para persoas maiores de 65 anos
O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, emitiu un bando o 24 de maio de 2018, no que se informa que:
Tras a explosión pirotécnica en Paramos/Guillarei do día 23 de maio de 2018, estableceuse un sistema de inscrición das persoas afectadas.
Que para poder constar de forma efectiva como persoa afectada é imprescindible que se realice a inscrición nesta base de datos.
Terán que facela todas as persoas afectadas independentemente da importancia do dano sufrido, ou de que dispoñan ou non de seguro que cubra os danos.
As solicitudes presentaranse no Centro de Atención aos afectados /as da explosión pirotécnica de Paramos/Guillarei, sito no Centro Municipal de Formación, localizado en Alvelos nº 1 ou solicitando información no teléfono 986 60 39 49.
O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, emitiu un bando - asinado o 25 de abril de 2018 - sobre a obriga de manter os terreos e solares nas debidas condicións de limpeza, salubridade e ornato público e medidas para a prevención de incendios forestais.
O 1 de xullo entra en vigor de forma definitiva a peonalización da zona de intramuros do conxunto histórico de Tui. Tal e coma recolle a Ordenanza Reguladora do tráfico no Conxunto Histórico limitarase o acceso de vehículos ao conxunto histórico, salvo residentes, propietarios non residentes, establecementos, servizos e permisos especiais, e as Zonas Verdes serán consideradas de aparcamento exclusivo para residentes no conxunto histórico (R) e os residentes nas propias zonas verdes (RE).
A organización de espectáculos públicos e actividades recreativas no termo municipal de Tui debe comunicarse previamente ao Concello e nos casos contemplados no artigo 41 da Lei 9/2013 deben solicitar licenza municipal para a súa celebración. Amais os espectáculos públicos ou actividades recreativas en terreos, lugares ou bens de titularidade municipal deben contar coa correspondente autorización municipal de ocupación de dominio público.
Solicítase da cidadanía o cumprimento das súas obrigas mantendo as súas propiedades en condicións de salubridade, seguridade e ornato. Así coma o mantemento de terreos e solares limpos de maleza e lixo para previr incendios forestais.
O 13 de marzo de 2017 iníciase en Tui a campaña do Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama da Consellería de Sanidade. As mulleres que teñan entre 50 e 69 anos e non recibiran a carta coa data, hora e lugar para acudir a realizar a mamografía gratuíta poden solicitar a súa cita no 981 14 14 14