Medio centenar de participantes Concurso Nacional de Saltos esta fin de semana
As instalacións do Club Hípico Equigalia acollerán esta fin de semana un Concurso Nacional de Saltos que vai reunir a medio centenar de destacados xinetes e amazonas.
O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.
Dende os populares fútbol, baloncesto ou balonmán, pasando por tenis, atletismo, judo ou patinaxe, por nomear só algúns, xa que a lista completa sería longa en exceso. Pero si en algo brilla Tui no eido deportivo é sen lugar a dúbidas nos deportes de río: piragüismo e remo. A cidade conta con deportistas olímpicos, campións do Mundo, de Europa e de España en distintas modalidades que conforman un longo inventario de deportistas dos clubs locais que chegaron ao máis alto. Algo inusual e practicamente único que fai de Tui un exemplo a seguir na promoción do deporte tanto de elite coma de base.
As instalacións do Club Hípico Equigalia acollerán esta fin de semana un Concurso Nacional de Saltos que vai reunir a medio centenar de destacados xinetes e amazonas.
O próximo luns, 18 de setembro, ás 12.30 h, no salón de plenos do Concello de Tui, terá lugar a presentación do Concurso Nacional de Saltos, evento hípico organizado polo Club Hípico Equigalia, en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Tui. Esta proba deportiva celebrarase do venres 22 ao domingo 24 de setembro, nas instalacións deportivas de Equigalia.
Máis 1.100 persoas participarán este sábado, 19 de agosto, no Descenso Internacional do Miño e no Descenso Popular que organiza o club Kaiak Tudense coa colaboración do Concello de Tui, entre outras institucións e entidades. Este eventos foron presentados esta mañá na rúa Olímpicos Tudenses.
Mañá mércores, 16 de agosto, ás 11.30 h, diante do Centro Municipal de Piragüismo Quique Míguez, presentarase a 52ª edición do Descenso Internacional do Miño, organizado polo Club Kaiak Tudense, que se vai celebrar este sábado, 19 de agosto, en augas do río Miño entre Salvaterra e Tui.
Dentro do calendario de Andainas e Caminhadas Saudables da Eurocidade Tui-Valença este sábado celebrarase a Andaina Histórica de Tui. Da man do club AndaTui sairá ás 20.30 h dende a praza da Inmaculada para realizar un percorrido doado de 3 quilómetros, guiado polo historiador Suso Vila, percorrendo as antigas portas de entrada a cidade. Rematará na Alameda de San Domingos para degustar unha chocolatada con rosca, e o bruxo Gabi realizará unha queimada.
Música, cinema e gastronomía centran a programación de “Tui, verán na rúa” durante o mes de agosto.
Así a programación de agosto ábrese co festival Música no Claustro, dirixido por Samuel Diz, que se celebra dende mañá martes e até o luns día 7 co lema de “Concéntricas”.
Un total de 1.200 mozos e mozas da diocese de Xetafe están até o próximo luns en Tui preparando a súa participación na Xornada Mundial da Xuventude a próxima semana en Lisboa. Os dous pavillóns municipais, xunto ao pavillón do CEIP nº2 e do IES San Paio e as instalacións do Colexio Maristas Santa María serven de aloxamento e centros de actividades.
O Campo Municipal de Fútbol “A Gándara” de Guillarei conta con novo sistema de iluminación. O Concello de Tui vén de investir 4.500 € de fondos propios para a renovación das torretas de iluminación e o cambio a tecnoloxía led das luminarias.
Deste xeito o Concello de Tui segue apostando pola mellora das instalacións deportivas municipais para que reúnan as condicións máis axeitadas para a práctica deportiva.
A primeira quenda do campamento de verán Igual É +, 2023 organizado polo Concello de Tui a través das concellerías de Deportes e Igualdade, remata mañá venres día 14.
O alcalde, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Igualdade, Ana María Núñez, compartiron hoxe uns minutos cos nenos e nenas interesándose polas actividades que realizaron estes días e entregándolles unhas camisetas de agasallo.
Un total de 216 militares participarán na vixésimo segunda edición do Concurso de Patrullas da Brilat que partirá mañá mércores ás 8.45 h dende o Paseo da Corredoira, en Tui. Nela, os e as militares de cada patrulla poñerán a proba a súa capacidade de sacrificio, a súa habilidade e a súa resiliencia.