A Eurocidade Tui-Valença acollerá a terceira edición do MUMI do 29 de setembro ao 1 de outubro
O MUMI 2022 conectará ás industrias musicais galega e portuguesa na Eurocidade Tui-Valença en setembro. Celebrarase do 29 de setembro ao 1 de outubro. Esta mañá presentouse esta terceira edición coa participación do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González; o presidente e responsable de Cultura da Cámara Municipal de Valença, Jose Manuel Carpinteira; a concelleira de Cultura de Tui, Sonsoles Vicente; o xefe territorial da Xunta en Pontevedra, César Pérez Ares; e representando á organización do MUMI, Diana Martins e Manuel Vicente Roxo.