Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui conta cunha longa tradición industrial e comercial, cunha importante actividade dende inicios do século XX, marcada en boa parte polas relacións comerciais con Portugal. Na actualidade a cidade mantén esa tradición cunha presenza de comercios de diversos sectores, ao que se suma a existencia, no Parque Empresarial de Areas, dun centro comercial Outlet. Semanalmente, os xoves, celébrase un mercado nas rúas novas e no Paseo da Corredoira. Tamén o Mercado de Abastos rexistra unha importante actividade sendo os días prinicipais os xoves e os sábados. 

A maxia do Nadal encherá de música esta fin de semana Tui

Undefined

A maxia do Nadal encherá Tui de música e ilusión esta fin de semana. Entre as actividades previstas destacan o Concerto de Nadal da Eurocidade, actuacións das corais tudenses e concerto da orquestra Claxxon. Amais continúa o Mercado de Nadal no Paseo da Corredoira e o Taller Máxico de Papa Noel no edificio da praza da Inmaculada, que contará coa presenza dos elfos e do propio Papa Noel. 

Tui acende este sábado o Nadal

Undefined

Tui acenderá este sábado, 30 de novembro, ás 18.30 h o seu Nadal. Será co simbólico acto de acendido do alumeado de Nadal que se desenvolverá na praza da Inmaculada. Máis de 506 mil bombillas led e máis de 4 mil metros de elementos luminosos encherán de luz e de cor das rúas e prazas da cidade para vivir un Nadal cheo de maxia.  O acendido das luces contará coa banda sonora do Coro Infantil de Pazos de Reis que interpretará composicións propias destas datas enchendo de música a Praza da Inmaculada.

O Concello de Tui convoca o II Concurso de Escaparates de Nadal para dinamizar o comercio local e fomentar a creatividade

Undefined

Dinamizar o comercio de proximidade e impulsar a actividade comercial durante o Nadal, a través da decoración creativa dos escaparates dos establecementos situados no termo municipal, e o obxectivo do o II Concurso de Escaparates de Nadal 2024/2025 convocado polo Concello de Tui a través da concellería de Emprego e Comercio. Convídase así ao comercio local a engalanar os seus escaparates con propostas orixinais e festivas coa temática de Nadal empregando técnicas sostibles, de materiais de refugallo ou de elementos naturais.

O Concello de Tui lanza un programa pioneiro para acelerar a dixitalización do comercio local

Undefined

O Concello de Tui pon en marcha nas próximas semanas un ambicioso programa de mentoring destinado a guiar ao comercio local no seu proceso de dixitalización, promovendo a adaptación ao entorno dixital e a mellora da súa competitividade. Esta iniciativa, que forma parte do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU, reafirma o compromiso do Concello co apoio aos comerciantes locais e coa transformación dixital da economía do municipio.

Oportunidades e ferramentas para o comercio tudense

O luns comezan as obras de acondicionamento da contorna do Mercado de San Antonio

Undefined

O próximo luns, 4 de novembro, comezarán as obras  de reforma da contorna do Mercado de San Antonio en Tui. A zona na que se actuará será a comprendida entre a rúa O Pilar e a rúa Maristas. O obxectivo é lograr a integración da praza de abastos e o seu entorno coa renovación das rúas adxacentes con novo mobiliario, sinalización e iluminación. 

As obras, adxudicadas á empresa Xestión Ambiental de Contratas SL, suporán un investimento de 754.292,1€ financiado con cargo ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. O prazo de execución é de dous meses  medio.

Esta fin de semana celébrase en Tui a IV Feira da Cabaza

Undefined

Todo preparado no Mercado de San Antonio para acoller esta fin de semana a IV Feira da Cabaza organizada polo concello de Tui. O mercado de cabazas e produtos de outono, show cookings, cata, maxia, música en directo, un obradoiro infantil de Samaín ou unha charla sobre a alimentación saudable con cabaza forman parte da ampla programación prevista que comezará mañá sábado ás 10 h coa inauguración oficial.  

Tui inicia a conta atrás para a celebración do seu Mercado de Nadal que amplía duración e duplica as casetas de expositores

Undefined

O Mercado de Nadal de Tui regresará ao céntrico Paseo da Corredoira do 30 de novembro ao 5 de xaneiro, ampliando a 37 os días de celebración e a 20 as casetas de postos dispoñibles, duplicando as da pasada edición.

Tui enxalza a cabaza na cuarta feira deste produto

Undefined

Reivindicar a cabaza, nas súas distintas variedades e usos, así coma as súas propiedades é o obxectivo da IV Feira da Cabaza, organizada polo Concello de Tui que se vai celebrar este sábado 26 e domingo 27 e o próximo xoves 31 de outubro no Mercado de San Antonio.

O sábado ás 10 h terá lugar a inauguración oficial e apertura do mercado de cabazas e produtos de temporada no que se poderá atopar, amais das cabazas, cestería, marmeladas, cogomelos, castañas, noces, mel, galletas, queixos e embutidos.  Poderase visitar tanto o sábado coma o domingo de 10 a 14 h e de 17 a 21 h.

Tui inaugura este sábado a súa renovada praza de abastos con un novo concepto de mercado

Undefined

Este sábado, a partir das 11:30 da mañá, terá lugar o acto inaugural da nova praza de abastos de Tui, o Mercado de San Antonio, un evento festivo que marcará o inicio dunha nova etapa para este espazo comercial e de lecer, situado na rúa Maristas. Tralo proceso de reformas executado ao longo do último ano, o mercado abre as súas portas cun novo concepto, renovado e con novos servizos.

Pages

Subscribe to RSS - Comercio