O Paseo da Corredoira transfórmase nun Mercado Sustentable de Nadal cunha coidada ambientación
Unha coidada ambientación inspirada nos mercados que se celebran en Centroeuropa será a que luza dende este xoves no Mercado Sustentable de Nadal que se vai celebrar no Paseo da Corredoira de Tui.
Este céntrico Paseo acollerá os preto de 40 postos de madeira con carpa tipo “jaima” e iluminación nos que se ofrecerá unha ampla variedade de produtos vinculados ao Nadal. Na decoración apóstase tamén pola reciclaxe, xa que se empregan restos das podas de árbores.




