Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

Modificado o proxecto da apertura da rúa Ourense que abranguerá unha maior superficie

Undefined

As obras de apertura da rúa Ourense estarán rematados na última semana do mes de marzo, incluíndo a execución do proxecto modificado que foi preciso realizar para solucionar unha serie de cuestións que se atoparon no inicio das obras. Ese modificado suporá un incremento do 25% no orzamento previsto inicialmente en 220 mil euros, pero en todo caso estará por baixo dos 314 mil euros nos que o proxecto sairá a licitación.

A calidade, variedade e continuidade da programación cultural de Tui convértena en referente en Galicia

Undefined

Este venres, 1 de febreiro, comeza a programación do primeiro semestre do ano en Tui. Vén recollida no número 37º da axenda Corredoira Cultural. Está conformada por seis espectáculos que se van levar a cabo no Teatro Municipal e seis eventos que se van celebrar até o mes de maio.

A presentación tivo lugar esta mañá na casa do concello por parte do alcalde, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Cultura, Eduardo Freiría, o director da AGADIC, Jacobo Sutil, xunto a Elisa Alfaya, Eduardo Rodríguez “Tatán” e Avelino González.

Comeza a redacción Plan Director e Estratéxico de Turismo de Tui

Undefined

Tui contará no prazo de dous meses e medio cun Plan Director e Estratéxico de Turismo que marcará un cronograma de actuación no período 2019-2022. Partindo da actual situación, que será analizada durante estas primeiras semanas, realizará unha análise da situación actual co perfil do visitante, a oferta, o mercado e os competidores, redactará un informe DAFO, establecerá os retos e liñas estratéxicas a seguir, e concluirá co deseño de plans de acción e produtos prioritarios.

Presentación do inicio da redacción do Plan Director de Turismo

Undefined

O próximo luns, 28 de xaneiro, ás 12h na sala de reunións da casa do concello de Tui terá lugar a presentación do inicio da redacción do Plan Director de Turismo de Tui.

Comparecerán ante os medios de comunicación o alcalde de Tui e responsable municipal de Turismo, Carlos Vázquez, xunto a Julio Sánchez e Tamara Tilve da empresa Valora, adxudicataria da redacción do Plan Director.

Os veciños da zona cero que xa solicitaron a licenza poderían iniciar as obras de reconstrución en marzo, unha vez rematado o desentullo

Undefined

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, reuniuse este mediodía con Salvador García, Lupe Pérez e Pablo González da Asociación de Afectados de Paramos e Guillarei, na véspera de cumprirse oito meses da explosión no barrio da Torre. No encontro participaron tamén o arquitecto e a traballadora social asignados ao centro de afectados en Guillarei.

Pages

Subscribe to RSS - Alcaldía