Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Programa de Maiores

A Concellería de Formación e Emprego do Concello de Tui en colaboración coa Universidade de Vigo,  veñen de acordar a posta en marcha dunha iniciativa formativa "Programa de Maiores" orientada ao público senior que se realizará no concello de Tui na segunda quincena do mes de setembro de 2019. Na mesma poderán participar todas as persoas interesadas na tematica dos municipios da contorna.

A actividade, que ten carácter gratuíto, vai destinada a persoas maiores de 55 anos. Terá unha duración total de 15 horas, combinando formación teórica con práctica. 

O  programa que se abordará é o seguinte:

  • Acción 1: HISTORIA DE TUI (5 HORAS)
    • Parte teórica: Zona monumental de Tui. O patrimonio xudeu. Contos e lendas da zona vella. Pasadizos e canellas (2 horas)
    • Parte práctica: Ruta pola Zona monumental de Tui. Ruta do patrimonio xudeu. Contos e lendas da zona vella. Pasadizos e canellas (3 horas)
  • Acción 2: VIDA SA (5 HORAS)
    • Parte teórica: Alimentación e saúde. (2 horas)
    • Parte práctica: Ruta da Senda do Lagartón (3 horas)
  • Acción 3: AS NOVAS TECNOLOXÍAS (5 HORAS)
    • Parte teórica: uso de ferramentas móbiles, configuración de teléfonos móbiles, whatsapp, facebook, apps de calendarios de vacinacións e medicacións, apps de localización de persoas, apps de contaxe de pasos e actividade saudable (2 horas)
    • Parte práctica: uso de ferramentas móbiles, configuración de teléfonos móbiles, whatsapp, facebook, apps de calendarios de vacinacións e medicacións, apps de localización de persoas, apps de contaxe de pasos e acitividade saudable (3 horas)

As datas, horarios e lugares, nos que se celebrará este Programa de Maiores serán:

  • 23 de setembro, de 17:00 a 19:00 h, na aula de San Domingos.
  • 24 de setembro, de 16:00 a 19:00h, zona monumental de Tui.
  • 25 de setembro, de 17:00 a 19:00 h, na aula de San Domingos.
  • 26 de setembro, de 16:00 a 19:00 h, ruta da Senda do Lagartón, na ribeira do río Louro.
  • 27 de setembro, de 17:00 a 19:00 h, na aula Cemit da Área Panorámica.
  • 30 de setembro, de 17:00 a 20:00 h, na aula Cemit da Área Panorámica.

O número de prazas para a súa realización é de 50 persoas. A admisión do alumnado será por orde de inscrición.

A inscrición pódese facer polos seguintes medios, enviando nome e apelidos, domicilio e teléfono de contacto:

  • Por correo electrónico cfo@tui.gal
  • Por teléfono no 986 60 39 49 de 9:00 a 14:00 h de luns a venres ou no 670 24 56 33
  • Presencialmente no Centro Municipal de Formación, de 9:00 a 14:00 h, de luns a venres

Información básica sobre protección de datos:

(Regulamento (UE) 2016/679 do 27 de abril 2016 e Lei Orgánica de Protección de Datos e garantía de dereitos dixitais, 3/2018): O Concello de Tui é o responsable do tratamento dos seus datos persoais coa finalidade da realización dunha actividade formativa para maiores de 55 anos, baixo a legitimación de cumprimento dunha Misión de interese público ou Exercicio de poderes públicos  (art. 6.1 e) do RGPD). Os seus datos tamén serán tratados pola Universidade de Vigo, quen implantará os cursos, non cedéndose a terceiros, salvo obrigación legal. Asístenlle os dereitos de acceso, rectificación, cancelación, oposición, portabilidade e limitación que poderá exercer nas nosas oficinas ou no enderezo electrónico: rexistro@tui.gal, onde poderá solicitar o modelo para iso. Dispón da información adicional e detallada sobre Protección de Datos na nosa web   www.tui.gal no apartado de políticas de privacidade.