Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Axudas

Os afectados pola explosión rexistrada o 23 de maio de 2018 no barrio da Torre en Paramos poderán solicitar as  axudas que a continuación se detallan. No Centro de Afectados, no Centro Municipal de Formación en Guillarei, asesórase aos afectados na presentación das solicitudes. 

Bases reguladoras de axudas para reparación de danos en vivendas da denominada "zona cero" situada no barrio da Torre, da parroquia de Paramos, afectadas pola explosión de material pirotécnico do 23 de maio de 2018.

Prestacións de carácter económico para situacións de emerxencia social para os damnificados pola explosión de Paramos con cargo ao Fondo de Emerxencia do Concello de Tui 

  • Dotación: 1.000.000 €
  • Obxecto
    • Mellora da habitabilidade da vivenda habitual : por destrución ou danos nos enseres domésticos de primeira necesidade que teñan sido afectados pola explosión de Paramos, a estes efectos consideraranse como enseres domésticos de primeira necesidade os mobles e elementos do equipamento doméstico básico para cubrir as necesidades esenciais de habitabilidade de la vivenda.
    • Necesidades básicas:
      • Alimentos, así como de alimentos para bebés ou persoas con dietas especiais debido a restricións alimenticias prescritas por un facultativo (celíacos, diabéticos, etc…)., vestiario, calzado e demais indispensables para o desenvolvemento da vida diaria
      • Gastos sanitarios e sociosanitarios : Destinadas ao pago de pago de produtos farmacéuticos prescritos por un facultativo especialista e/ou polos médicos de atención primaria
    • Adquisición ou aluguer de vehículos ou gasto de desprazamento en transporte público.
  • Bases reguladoras da concesión das axudas de emerxencia social municipais, as persoas afectadas pola explosión de Paramos e cuxos bens se definan como gravemente afectados polas peritaxes realizadas insitu. Aprobadas en Xunta de Goberno Local o 11 de xuño de 2018. Publicadas no BOPPO o venres, 15 de xuño de 2018.  Modificadas en outubro de 2018. Consultar modificación
  • Prazo: dende o luns 18 de xuño ao 30 de novembro de 2018

 

Axudas destinadas a sufragar os gastos de aloxamento provisional e de reparación dos danos causados nas vivendas e no seu enxoval doméstico, derivados da explosión de material pirotécnico producida en Tui o 23 de maio de 2018, con carácter plurianual do IGVS Xunta de Galicia 

 

Axudas destinadas a persoas en situación de orfandade, a sufragar danos en explotacións agrícolas e gandeiras, en establecemento comerciais, industriais, turísticos e mercantís, derivados da explosión do 23 de maio en Paramos

Xunta de Galicia convocou axudas ás persoas en situación de orfandade, a sufragar danos en explotacións agrícolas e gandeiras, explotacións agrícolas e gandeiras, derivados da explosión de material pirotécnico producida en Tui o 23 de maio de 2018 publicadas no DOGA do 12 de xullo de 2018

  • Prazo: 15 días hábiles dende a públicación
  • ORDE do 11 de xullo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de axudas destinadas a persoas en situación de orfandade como consecuencia da explosión de material pirotécnico producida en Tui o 23 de maio de 2018.
  • EXTRACTO da Orde do 11 de xullo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de axudas destinadas a persoas en situación de orfandade como consecuencia da explosión de material pirotécnico producida en Tui o 23 de maio de 2018.
  • ORDE do 10 de xullo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de axudas destinadas a sufragar os danos nas explotacións e gandeiras, derivados da explosión de material pirotécnico producida en Tui o 23 de maio de 2018.
  • EXTRACTO da Orde do 10 de xullo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de axudas destinadas a sufragar os danos nas explotacións agrícolas e gandeiras, derivados da explosión de material pirotécnico producida en Tui o 23 de maio de 2018.
  • RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2018 pola que se establecen as normas que a concesión das axudas destinadas a sufragar os danos sufridos en establecemento comerciais, industriais, turísticos e mercantís, derivados explosión de material pirotécnico producida en Tui o 23 de maio de 2018
  • EXTRACTO da Resolución do 10 de xullo de 2018 pola que se establecen as normas que rexerán a concesión das axudas destinadas a sufragar os danos sufridos en establecementos comerciais, industriais, turísticos e mercantís, derivados da explosión de material pirotécnico producida en Tui o 23 de maio de 2018, segundo o Decreto 55/2018, do 31 de maio, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados pola explosión de material pirotécnico producida en Tui o 23 de maio de 2018.

 

Real Decreto 307/2005 do 18 de marzo, polo que se regulan as subvencións en atención a determinadas necesidades derivadas de situacións de emerxencia ou de natureza catastrófica.

  • Prazo: 24 de xuño de 2018 (1 mes dende o día seguinte á catástrofe)
  • Obxecto: 
    • Axudas destinadas a paliar danos materiais en vivendas e aveños
    • Axudas destinadas a unidades familiares ou de convivencia para paliar danos persoais
    • Axudas a corporacións locais
    • Axudas a persoas físicas ou xurídicas que efectuasen prestación persoal ou de bens
  • Ampliar información
  • Modelos de Solicitude

 

Áreas: 
Paramos