Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

“Xuventude en movemento” ofertará diversas actividades informativas sobre emprego xuvenil

23/10/2012

As actividades desta campaña informativa que promove a Comisión Europea estará en Tui o venres 26 e sábado 27 de outubro

 

A campaña de difusión sobre as iniciativas europeas en materia de xuventude que promove a Unión Europea ao abeiro da iniciativa “Xuventude en movemento” chega esta fin de semana á Eurocidade Tui – Valença cun amplo programa de actividades de información, de formación e tamén de lecer.

 

Ao longo da xornada do sábado a carpa instalada no céntrico Paseo da Corredoira tudense acollera xunto a diversos stands de institución relacionadas coo promoción do emprego e a formación da mocidade, diversos encontros ou talleres sobre estas materias. Cómpre salientar, entre outras as seguintes actividades:

 

-           “Networking e busca de emprego” ou como empregar as redes sociais para atopar emprego e novas saídas profesionais. Esta charla está impartida polos responsables do Instituto Superior de Administraçao e Gestao (ISAG) de Porto – Portugal que estarán abertos a responder a todas as consultas e dúbidas que queiran formular os participantes neste encontro de “Xuventude en movemento”.. Hora: 11,00 AM.

 

-           “Para que serve o Eures?”. A rede Eures ofrece vacantes de emprego en máis de 31 países europeos, recolle currículos de candidatos interesados nas prazas ofertadas, informa sobre todo o que se precisa para vivir e traballar nos países da Unión Europea, etc. É unha moi ampla e útil ferramenta europea para o emprego pero que posúe un reducido coñecemento polos mozos e mozas de Galicia e Norte de Portugal. Os responsables do Eures Transfronteirizo realizarán unha exposición deste servizo e informaran de xeito directo ás consultas que se realicen. Hora: 11,30 AM.

 

-           “Para que serve o Enterprise Europe Network?” Esta rede proporciona asistencia profesional especializa a empresas e emprendedores para explotar ao máximo as oportunidades de negocio a nivel europeo, asi como asistencia en procesos de transferencia de tecnoloxía e sobre programas europeos de financiamento. Esta charla – taller estará a cargo da Confederación de Empresarios de Galicia. Hora: 16,00 PM.

 

-           “Que é o Erasmus para mozos emprendedores?”, paralelo ao programa de intercambios para estudiantes este programa europeo ofrece a posibilidade de traballar, por un período de ata seis meses, nunha empresa doutro país europeo adquirindo experiencia e intercambio de ideas. Esta charla estará a cargo de José Luis Villaverde de Uninova (Iniciativas Empresariais Innovadoras) da Universidade de Santiago de Compostela.

 

Se completa o programa desta xornada con outros cinco obradoiros, charlas e debates sobre materias relacionadas co emprego e a formación no ámbito da Unión Europea e que abren novas expectativas de futuro para a mocidade.

 

Para o Alcalde de Tui a celebración desta campaña “Xuventude en movemento” organizado pola Comisión Europea na eurocidade é unha oportunidade excepcional para achegarse de xeito directo ao coñecemento dos numerosos programas europeos que promoven o emprego e a formación dirixidos aos mozos, moitos deste escasamente coñecidos e que ofrecer importantes posibilidades de futuro. É unha oportunidade irrepetibel para acceder de xeito directo ao coñecemento deste amplo abano de programa a cargo dos seus xestores polo que anima a todos os mozos e mozas da Eurorrexión Galicia Norte de Portugal a achegarse este sábado ata Tui para coñecer “in situ” esta ampla oferta europea.

 

Remata Moisés Rodríguez Pérez que esta campaña se efectúa unicamente en tres lugares de España (xa tivo lugar en Sevilla e Murcia) e que chega agora ata Tui abrinos unha excepcional xanela para achegarse aos múltiples programas europeos destinados a mozos e mozas.