Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

A visita á muralla ciclópea do Aloia e as mámoas de Chan Longa pechan o programa de Tralas Pegadas do Tempo

13/09/2018

Partirá ás 20h dende o aparcamento próximo á capela de San Xián. Ofértanse 50 prazas

O programa “Tralas pegadas do tempo” organizado pola concellería de Patrimonio e Cultura realizará este sábado, 15 de setembro, a derradeira visita das catro programadas, que comezaron no mes de agosto.

Este sábado anticípase a hora de saída ás 20h no aparcamento próximo a capela de San Xiao no Monte Aloia. A primeira actividade será un percorrido pola muralla ciclópea do Aloia, e posteriormente os participantes achegaranse ás mámoas de Chan Longa, situadas preto do parque infantil do cumio. Como remate haberá un obradoiro de fundición no que os participantes crearán un machado de bronce. A duración estimada da actividade é de hora e media ou dúas horas.

A muralla ciclópea do Monte Aloia conta con gran importancia pese a ser unha gran descoñecía. En realidade se trata de tres recintos fortificados con carácter defensivo cuxas dimensións serían próximas ás de sumar os conxuntos históricos de Tui, Santiago e Lugo.  Os participantes na visita deste sábado poderán coñecer máis da súa orixe, dimensión, e poboacións que tivo.

Lembramos que a visita ten un cupo de 50 persoas e é preciso inscribirse a través do whatsapp 610 70 34 88. Cómpre lembrar que a hora de partida será ás 20h do aparcamento próximo á capela de San Xián no cumio do monte.