Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

A Violencia de Xénero parámola xuntos

26/03/2020

Na situación de estado de alarma que estamos a vivir, co confinamento nos fogares, dende a concellería de Igualdade quérese difundir información de interese para as mulleres que poden estar a sufrir ou son vítimas de violencia de xénero, ou para aquelas persoas que poderían ser coñecedoras da existencia desta violencia por parte doutros. 

Concello de Tui

  • Concellería de Igualdade 986 60 36 25  ext 54 | igualdade@tui.gal
  • Policía Local 986 60 36 77 - 696 48 22 44

Centro de Información á Muller

  • 986 61 46 48  |  muller@aguarda.es
  • Servizo público e gratuíto que pretende dar resposta ás necesidades e demandas concretas que se lles presentan ás mulleres. Ten carácter comarcal situado na Guarda  

Teléfono da Muller 900 400 273

Télefono 016

A Delegación do Gobierno contra a Violencia de Xénero, do Ministerio de Igualdad, ten en marcha un Plan de Continxencia contra a violencia de xénero ante a crisis do COVID-19.

O obxectivo fundamental é concienciar contra a violencia de xénero e alertar ante situacións de violencia dentro dos fogares. Tamén busca concienciar sobre o bo trato durante o período de confinamiento.

Amais Delegación do Goberno de Violencia de Xénero elaborou unha Guía de actuación para mulleres que estéan sufrindo violencia de xénero en situación de permanencia domiciliara derivada do estado de alarma por COVID-19
Consultar Guía

Aplicación AlertCops

Aplicación do Ministerio do Interior de descarga gratuíta