Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Vero Rilo e Sonsoles Penadique presentan este venres en o espectáculo de narración e música “Triscus Beliscus”

5/02/2024

Haberá dobre función ás 17.30 h e ás 19 h cun aforo limitado a 100 espectadores por función.

Vero Rilo e Sonsoles Penadique estarán este venres, 9 de febreiro, no Teatro Municipal para presentar “Triscus Beliscus”. Haberá dobre función ás 17.30 h e ás 19.00 h cun aforo limitado a 100 espectadores por función.

Triscus Beliscus é un espectáculo e taller de narración oral e música para familias con nenos e nenas de 0 a 3 anos. A narradora e educadora Vero Rilo  e a música e educadora y música Sonsoles Penadique propoñen xogar, contar, cantar e bailar con Xan, con Pedro, co can, co gato e co rato ao longo de 30 minutos.

As entradas están á venda en tui.gal até 10 minutos antes do inicio da función aos prezos de 4€ e 3€.  ENTRADAS 

Este é o segundo espectáculo da programación no Teatro Municipal de Tui deste 2024.