Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

V Torneo solidario do club balocesto de Tui

19/12/2013

Xoves, 19 de decembro. Mañá venres 20, a partir das 16.30 horas, no pavillón deportivo municipal vello de Tui, terá lugar o “V Torneo Solidario” que organiza un ano máis o Club Baloncesto Tui, en colaboración co Concello de Tui, e co patrocinio de GADIS.

Nesta quinta edición xogaranse diferentes encontros de baloncesto entre as categorías de iniciación, peques, benxamíns e alevíns, co obxectivo de recadar alimentos, que serán doados a Cáritas.

O Concello de Tui agradece ao Club Baloncesto Tui a organización de este evento deportivo solidario e anima a tódolos tudenses a acudir ao pavillón para gozar dunha xornada de baloncesto dos máis cativos, así como colaborar con Cáritas nestes momentos tan difíciles para moitas persoas.

* Axuntase cartel do evento